Lab Barbanza

Llamar Contactar con la empresa

Lab Barbanza Lab Barbanza | Boiro: Un centro municipal de formación, innovación, emprendemento e emprego. Polígono Industrial de Espiñeira, parcela 20, Boiro.

🌱 Hoxe coñecemos a Anabel Nikolai, impulsora de  e coworker do Lab Barbanza.A través do Método Mailoc, analiza a realida...
16/10/2026

🌱 Hoxe coñecemos a Anabel Nikolai, impulsora de e coworker do Lab Barbanza.

A través do Método Mailoc, analiza a realidade social das comunidades rurais para comprender mellor o seu territorio e contribuír ao deseño de proxectos de desenvolvemento máis adaptados ás persoas que viven nel.

O seu obxectivo: combater o despoboamento poñendo o foco na comunidade, o arraigo e o desenvolvemento.

Forma parte do Lab Barbanza desde xullo de 2026 e actualmente traballa para consolidar a súa metodoloxía e levala a novos proxectos. 🌿

A IA non fai o traballo por ti, pero si pode cambiar moito como das os primeiros pasos. 🤖Hoxe é máis doado ordenar unha ...
14/10/2026

A IA non fai o traballo por ti, pero si pode cambiar moito como das os primeiros pasos. 🤖

Hoxe é máis doado ordenar unha idea, investigar, preparar unha proposta, crear contido ou resolver pequenas tarefas sen quedar bloqueado desde o inicio.

Iso permite probar antes, avanzar máis rápido e dedicar máis tempo ao que realmente importa: entender o problema, tomar decisións e facer medrar o proxecto.

Porque emprender con IA non é ter todas as respostas.
É contar con máis ferramentas para atopalas.

💬 E ti, xa estás utilizando a IA no teu proxecto?

No LAB Barbanza seguimos sumando proxectos, ideas e persoas con ganas de facer medrar os seus negocios. 🤝Esta semana com...
08/10/2026

No LAB Barbanza seguimos sumando proxectos, ideas e persoas con ganas de facer medrar os seus negocios. 🤝

Esta semana compartimos un encontro co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, no que tivemos ocasión de coñecer as novas incorporacións ao coworking e poñer en común a evolución dos proxectos que xa forman parte do espazo.

Un momento para escoitar, compartir experiencias e seguir fortalecendo unha comunidade emprendedora que medra desde Boiro e para toda a Barbanza.

💡 Porque emprender tamén é conectar, aprender dos demais e avanzar acompañado.

Tes unha idea de negocio pero non sabes por onde empezar? 💡En LAB Barbanza podes atopar recursos, acompañamento e un esp...
06/10/2026

Tes unha idea de negocio pero non sabes por onde empezar? 💡

En LAB Barbanza podes atopar recursos, acompañamento e un espazo no que ir dando forma ao teu proxecto paso a paso:

🎯 Valida a túa idea
🗣️ Busca asesoramento
💻 Atopa o teu espazo
🎓 Fórmate e coñece as axudas dispoñibles
🤝 Conecta e crea novas oportunidades

Porque emprender non consiste en telo todo claro desde o primeiro día, senón en saber cal é o seguinte paso.

🚀 Da idea ao proxecto, paso a paso.

💻 Hoxe coñecemos a Juan Fuente, programador e coworker do Lab Barbanza.O seu proxecto está centrado no desenvolvemento d...
01/10/2026

💻 Hoxe coñecemos a Juan Fuente, programador e coworker do Lab Barbanza.
O seu proxecto está centrado no desenvolvemento de software para concellos, empresas e autónomos, automatizando procesos e integrando solucións con IA para aforrar tempo e simplificar tarefas.
Actualmente atópase en fase de pre-incubación, cunha idea moi clara: crear tecnoloxía útil, próxima e pensada para as persoas. 🚀
Tecnoloxía, territorio e persoas.

🏡 Hoxe coñecemos a Vanesa Fernández Hermo, impulsora de  e coworker do Lab Barbanza.Un proxecto de xestión inmobiliaria ...
29/09/2026

🏡 Hoxe coñecemos a Vanesa Fernández Hermo, impulsora de e coworker do Lab Barbanza.
Un proxecto de xestión inmobiliaria cun enfoque máis humano, no que acompaña ás persoas durante todo o proceso de venda da súa vivenda.
Ademais, cada venda contribúe a “Unha Habitación para Crecer”, unha iniciativa destinada a mellorar habitacións de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade. 💙
Un proxecto necesario, humano e innovador. 🌱

♻️ Aprender facendo tamén é descubrir novas formas de crear, innovar e aproveitar mellor os recursos.Hoxe, o alumnado do...
25/09/2026

♻️ Aprender facendo tamén é descubrir novas formas de crear, innovar e aproveitar mellor os recursos.

Hoxe, o alumnado do CEIP Santa María do Castro participou nunha xornada do Pasaporte de Emprendemento Circular, cunha visita a Lab Barbanza e un obradoiro de innovación circular impartido por Alicia, de Alivavá. 🌱💡

Durante a actividade puideron coñecer novas posibilidades de formación e emprego, descubrir recursos do seu entorno e reflexionar sobre como transformar ideas en proxectos máis sostibles.

O Pasaporte de Emprendemento Circular é unha iniciativa impulsada polo Concello de Boiro e a Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña, coordinada por Espazo A Maceta.

Porque emprender tamén é pensar diferente e atopar novas maneiras de facer as cousas. 💚♻️

🌱 O Barbanza ten futuro.O pasado 18 de setembro, Lab Barbanza acolleu a Xornada de Aproveitamento de Terras, un encontro...
21/09/2026

🌱 O Barbanza ten futuro.
O pasado 18 de setembro, Lab Barbanza acolleu a Xornada de Aproveitamento de Terras, un encontro para poñer sobre a mesa ideas, experiencias e novas oportunidades arredor do territorio e do futuro do noso rural.
A apertura contou coa participación do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e do concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo.
Ao longo da xornada houbo espazo para compartir coñecemento, coñecer diferentes iniciativas e, tamén, para conversar e crear novas conexións entre as persoas participantes.
💡 Ideas, territorio e colaboración para seguir xerando oportunidades no Barbanza.
Grazas a todas as persoas que formastes parte da xornada! 🙌

🌱 Hoxe comeza a Xornada de Aproveitamento de Terras!Lab Barbanza acolle unha nova actividade do Coworking Fest 2026, unh...
18/09/2026

🌱 Hoxe comeza a Xornada de Aproveitamento de Terras!

Lab Barbanza acolle unha nova actividade do Coworking Fest 2026, unha xornada pensada para compartir ideas, coñecer novas oportunidades e reflexionar sobre o futuro do noso rural.

📍 Lab Barbanza · Boiro
🕘 09:30–15:15 h

Un espazo para conectar, aprender e poñer en común propostas arredor do territorio. 💡

Pechamos a programación de setembro en Lab Barbanza con dúas últimas citas cheas de aprendizaxe e emprendemento 🚀O marte...
16/09/2026

Pechamos a programación de setembro en Lab Barbanza con dúas últimas citas cheas de aprendizaxe e emprendemento 🚀
O martes 22 de setembro recibiremos ao alumnado de Primaria do CEIP Sta María do Castro para desenvolver actividades de emprendemento.
E o venres 25 de setembro volveremos compartir xornada cun grupo do CEIP Sta María do Castro, nesta ocasión cunha visita a Lab Barbanza dentro do programa O Pasaporte da economía circular ♻️
Deste xeito rematamos unha programación na que seguimos abrindo portas a novas ideas, experiencias e oportunidades para a mocidade.
Estas son as últimas actividades desta edición, pero seguiremos traballando para traer novas propostas moi pronto. 💡

Dirección

Polígono Industrial De Espiñeira, Parcela 20
Boiro
15930

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 22:00
Martes 08:00 - 22:00
Miércoles 08:00 - 22:00
Jueves 08:00 - 22:00
Viernes 08:00 - 22:00

Teléfono

+34981844800

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Lab Barbanza publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Lab Barbanza:

Atajos

Compartir