30/07/2026
📣 Nova incorporación ao equipo contable
En Xesta queremos incorporar unha nova persoa ao equipo 💚
Somos unha asesoría fiscal, contable e laboral 100 % dixital, especializada en acompañar persoas autónomas e proxectos creativos.
Buscamos unha persoa:
✨ Cun Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
✨ Con gusto pola contabilidade.
✨ Con ganas de aprender e medrar profesionalmente.
✨ Cunha actitude positiva e atención ao detalle.
✨ Con bo dominio do galego, tanto oral como escrito.
Non é preciso ter experiencia profesional previa neste eido. Buscamos, sobre todo, unha persoa con interese real pola contabilidade, curiosidade e ganas de aprender.
O posto será inicialmente presencial en Barbadás e estará orientado á contabilidade de persoas autónomas, á revisión da documentación incorporada pola clientela á nosa plataforma e ao apoio nas tarefas administrativas da asesoría.
💬 Queres saber máis? Comenta “EQUIPO” e enviarémosche toda a información sobre a oferta e os pasos para presentar a túa candidatura.
E se coñeces a alguén a quen lle poida encaixar, axúdanos compartindo esta publicación 💚