07/10/2026
🐺🐄 De volta de Cogolludo: compartir, debater e seguir aprendendo
Nos últimos días deste verán interminable viaxamos ata Cogolludo (Guadalajara) para participar nunha formación sobre medidas preventivas fronte aos ataques de lobo.
Foron días de compartir coñecementos e experiencias, pero tamén de moito debate con gandeiras e gandeiros arredor dunha cuestión fundamental: ata onde pode chegar cada medida preventiva… e ata onde non chega.
Porque non existen solucións universais. ☝️
Cada explotación ten o seu territorio, o seu gando, o seu sistema de manexo e unhas necesidades diferentes. Coñecer ben as posibilidades e tamén as limitacións de cada medida é fundamental para tomar boas decisións.
🐄 Atopamos unha realidade de gandaría moi extensiva e puidemos coñecer tamén o incremento do uso dos colares de valado virtual en gando vacún, unha ferramenta que está gañando presenza neste tipo de sistemas.
E volvemos cunha idea que forma parte da maneira de traballar de BEEALIA:
👉 compartir coñecemento é importante, pero coñecer outras realidades, escoitar e seguir aprendendo tamén o é.
Grazas pola acollida, polo debate e por todo o compartido estes días. Foi un auténtico pracer! 🤝🌱
Ata a vindeira ocasión, Guadalajara! 👋