01/09/2026
📚✨ O Faro de Vigo destaca a labor das librerías e papelerías da comarca na volta ao cole.
Hoxe o Faro de Vigo publica unha reportaxe sobre a campaña da volta ao cole nas librarías e papelerías da comarca… e Meganova aparece como exemplo de estabilidade, bo servizo e confianza.
É unha honra que o noso traballo e o día a día detrás do mostrador se vexan reflectidos no xornal, tanto en papel como en dixital. Este recoñecemento é, en realidade, para todas as persoas que confiades en nós cada ano.
A volta ao cole é unha das épocas máis intensas: moitas horas, moita organización e moita ilusión. Pero todo paga a pena cando vemos que seguiredes escolléndonos para acompañar aos máis pequenos neste inicio de curso. 📚✏️
Grazas a Faro de Vigo por dar visibilidade ao comercio local e por poñer en valor o esforzo de todas as librarías e papelerías da comarca, que traballamos cada día para facer a volta ao cole máis sinxela e levadeira para todas as familias. ❤️