La mujer forzuda

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

La mujer forzuda Creatividad y oficio para contar historias de todos los tamaños. Mejor si es con vídeo, y si es para internet... muchísimo mejor.

Estou de xira no Outono das Artes da Cultura da Deputación da Coruña con 'Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos' ...
02/10/2026

Estou de xira no Outono das Artes da Cultura da Deputación da Coruña con 'Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos' que escribín e dirixín para Nós Televisión.

É lindo levar unha historia así polas vilas e conversala despois. Pasará por melide, Arteixo, Pontedeume, Val do Dubra, Betanzos, Frades, Corcubión, Brión, Mazaricos e Rianxo. 🙌

Neste artigo, dí Manuel Gago ... «Que o primeiro traballo amplo sobre as Covas de Valdeorras se publique en 2026 revela ...
02/09/2026

Neste artigo, dí Manuel Gago ... «Que o primeiro traballo amplo sobre as Covas de Valdeorras se publique en 2026 revela como o viño galego aínda está a construír un relato das súas orixes, en parte porque segue profundamente vivo.» E Carina Rodríguez e máis eu, encantadas de contribuir a construir ese relato. ☺

Todo se resume nun número que ata mediados de agosto deste ano se descoñecía: na comarca de Valdeorras consérvanse 1103 adegas subterráneas, ou covas,...

A presentación do libro 'As covas de Valdeorras', coescrito con Carina Rodríguez, foi tan feliz... e tan abrumadora a re...
28/08/2026

A presentación do libro 'As covas de Valdeorras', coescrito con Carina Rodríguez, foi tan feliz... e tan abrumadora a resppsta da xente..

Grazas: familia, amigxs, veciñxs. Estas cousas só pasan se che rodea xente bonita.

Se queredes seguirlle os pasos ao libro, publicado por Turismo de Galicia: .

Que sorte tivemos. Ata sempre.
13/02/2026

Que sorte tivemos. Ata sempre.

𝐃𝐞𝐢𝐱𝐨𝐮𝐧𝐨𝐬 𝐨 𝐂𝐨𝐫𝐠𝐨𝐦𝐨́𝐟𝐢𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐛𝐮𝐟𝐚𝐧𝐝𝐚 𝐯𝐞𝐫𝐦𝐞𝐥𝐥𝐚

Eran as 13:45 e o teléfono pitou unha vez, dúas, tres, catro, cinco e seis veces, “Morreu Alonso Montero”, foi a primeira mensaxe que lin, as demais sabía que dirían o mesmo.

A primeira imaxe que me veu á cabeza foi a daquel recorte de prensa dun Alonso Montero baixo a chuvia de Córgomo acubillado por un paraugas que sostiña Ricardo Gurriarán fronte aos veciños e veciñas. Era o 2003 e a asociación veciñal conseguira contar coa súa presenza nas Xornadas de Teatro. Era unha data especial, cumpríanse cen anos do nacemento de Florencio e sentíase posible a homenaxe das Letras Galegas.

Non puido ser daquela, pero as Letras Galegas chegarían e con Alonso Montero en primeira liña, xa que aquel agosto chuvioso non era a primeira vez que Don Xesús turraba de Florencio. A primeira fora na antoloxía titulada Os cen mellores poemas da literatura galega de 1969. De seguro que por estas datas xa estaban eles en contacto. Da súa man tamén coñecemos o Cancioneiro da loita galega, unha obra publicada nos anos corenta en México da que apenas se conseguiron exemplares en Galicia ata pasada a morte do ditador. Con ela, o profesor amosounos a poesía máis dura, crítica e belixerante de Florencio; amosounos un poeta que se afastaba moito dos doces versos váquicos cos que nos fixera soñar unha Valdeorras animada.

O seu derradeiro traballo sobre Florencio foi unha preciosa homenaxe, Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio, unha antoloxía escollida desde o respecto e a admiración, e que foi presentado nas Letras Galegas de 2022 (ese ano si, ao fin!) aquí en Valdeorras, cando nos acompañou tantas veces e sempre cun fondo agarimo que lle era correspondido. Nunca esqueceremos o seu discurso na Aira dos Bolos de Córgomo que rematou desexando «que os reiseñores canten en todos os currunchos de Valdeorras e da nosa terra», ao que seguiu un longo e potente aplauso dos centos de persoas alí congregadas.

Ao pesar do seu pasamento, na Fundación Florencio Delgado Gurriarán, que el inspirou a crear, engadimos tamén un infindo sentimento de gratitude. Grazas profesor Montero por amosarnos a Florencio. Grazas polas ensinanzas, polos consellos, polos agarimos e polas Letras Galegas que nos fixeron tan felices. Córgomo e Valdeorras teranno sempre na memoria.

Débora Álvarez Moldes
Xerente da Fundación FDG

Vaia equipazo e que xeneroso foi todo o mundo! A semana próxima veremos o resultado 😊
05/12/2025

Vaia equipazo e que xeneroso foi todo o mundo! A semana próxima veremos o resultado 😊

Seguimos.
31/08/2025

Seguimos.

Nostalxia do apagón.
07/05/2025

Nostalxia do apagón.

16/01/2025

A alegría sempre é bonita de contar. Esta é a montaxe sobre a Festa do Botelo que fixen para o Concello do Barco. E si, pásase asi de ben 😄

Hoxe lanzamos este proxecto de memoria e territorio para Concello da Rúa a e en poucas horas entrounos a primeira colabo...
23/12/2024

Hoxe lanzamos este proxecto de memoria e territorio para Concello da Rúa a e en poucas horas entrounos a primeira colaboración aclarando o nome dalgúns lugares. Aínda que sexa a última, non creriades a ilusión que nos fixo.

Arrancamos cunha historia ben chula da Ruth Matilda Anderson pero a idea é seguir crecendo en percorridos e historias.

Grazas, Estudio Caravana polo estilazo, a destreza e o apurón para telo listo para hoxe. E ao Concello pola aposta. Ímolo g***r!

https://camiñosfaladosdarua.gal/

Vinte anos atrás, cando comezaba a traballar en xornalismo e exploraba saltando en cada barca sen saber vogar. Sigo sen ...
18/11/2024

Vinte anos atrás, cando comezaba a traballar en xornalismo e exploraba saltando en cada barca sen saber vogar. Sigo sen saber, pero fun descubrindo que o importante é seguir a flote.

Augas de Belesar, Chantada.

A foto ten que ser de ou (non me matedes por non lembrar). A camiseta fora un regalo de .... que aínda así querianme ben.

Dirección

A Coruña

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando La mujer forzuda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a La mujer forzuda:

Atajos

Compartir

Categoría