19/08/2025
Compartimos texto, compartimos indignación.
Profunda mágoa!!!
Pena Trevinca toda arrasada/calcinada, voluntarios e veciños poideron salvar o Teixadal de Casaio...A Xunta: SILENCIO para o goberno galego as montañas máis altas do país non existen, un dos ecosistemas de alta montaña de máis valor fixérono desaparecer das súas estadísticas incendiarias. Teñen que dicir a superficie arrasada en Pena Trevinca, no Macizo Central, na Raia Seca, no Val de Monterrei, en Valdeorras no Courel...Quen minte a Xunta de Galicia ou os datos que facilita o sistema copernicus da Unión Europea??? (ollar os datos que se achegan).
A Xunta de Galicia engana e minten!!! Agochan a súa incompetencia e desleixo na mentira e o engano.
Sabendo ben a diferencia que hai entre un incendiario e un pirómano, en Galicia a política forestal, a política de prevención e extinción de incendios e o Goberno galego están liderados por pirómanos sen uns mínimos principios éticos e morais 🤔 inxénuo de min, pedir principios a un incendiario ou a un pirómano.
Os traballos de prevención orzamentados e aprobados para o ano 2025 sen facer...vacantes e baixas de bombeiros forestais, conductores de autobomba, vixiantes de incendios sen cubrir (chegaron a incendios de Ourense brigadas da Coruña con só dous compoñentes, como mínimo deben ser cinco), distritos enteiros sen un só vixiante as 24 horas do día nas casetas de vixiancia máis estratéxicas...autobombas parados por falla de conductores, 14 equipos "batracio" que costaron 5 millóns de euros ninguén sabe deles...a estrutura dos axentes forestais desfeita, creáronse unidades ao antoxo do Ditector Xeral de Defensa do Monte (incendios) sen os principios constitucionais básicos que deben rexir unha administración pública. Máis da metade do operativo de extinción (brigadas e autobombas) deixados nas mans dos concellos (falla de equipamento axeitado, formación, experiencia...).
Fan falla medios???
Segue o texto nos comentarios...