13/10/2026
🦀 Así vivimos a Festa do Marisco con Emgrobes!
A Feira de Oportunidades GroveStock e as XVIII Xornadas Gastronómicas A Cociña do Mar, co showcooking celebrado o pasado 8 de outubro, foron as dúas grandes accións de Emgrobes durante a Festa do Marisco.
💙 Tras o éxito desta edición, queremos agradecer a participación, a colaboración e o apoio recibidos por parte de todas as persoas, establecementos e entidades que fixestes posible estas iniciativas.
Agardamos seguir compartindo moitos máis anos de experiencias e actividades que poñan en valor o comercio local, a gastronomía e os produtos do mar do Grove.
Grazas por acompañarnos! ❤️