50pés consultoras

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

50pés consultoras Falicitamos a xestión económica e de equipo dos vosos proxectos dende unha perspectiva personalizada, 🙋🏼‍♀️🙋🏻‍♀️ Quen somos?

Helena e Mariola, dúas profesionais do ámbito económico e do traballo grupal con amplia experiencia na creación de proxectos propios e no acompañamento e formación a outros colectivos e profesionais. así como no activismo social, económico e feminista.

🎯A quen nos diriximos? A empresas, organizacións sociais, cooperativas, autónomas, administración pública, proxectos persoais e quen precise dos nosos servizos para que os vosos soños se convirtan en proxectos viables e vivibles.

🤝Que facemos?
👉Asesoramento
Acompañámosvos en tódalas fases do voso proxecto de maneira integral e adaptada ás vosas necesidades, dende unha perspectiva feminista e social que pon os coidados no centro e ten en conta as vosas realidades e a vosa esencia.
👉Formación
Formámosvos a través de casos prácticos e reais, para que poidades aplicar o que aprendedes ao voso proxecto dende o día 1.

📍Que podedes conseguir? Autonomía na creación, desenvolvemento e posta en marcha dos vosos proxectos, coñecementos en materia económica, legal e de organización do traballo, eficacia e acción!

20/10/2026

Que pasa cando pensamos a vivenda tamén como un proxecto colectivo?

A vivenda colaborativa parte dun grupo de persoas que decide construír unha forma de vivir compartida, tomando decisións sobre o espazo, a vida en común e a relación coa contorna.

Pero para que un proxecto así avance non chega coa arquitectura ou coa viabilidade económica. Tamén é necesario coidar o grupo, facilitar a participación, organizarse e tomar decisións xuntas.

Neste tipo de procesos, a facilitación pode axudar a crear as condicións para que o proxecto vaia tomando forma.

🧡 En 50pés acompañamos procesos colectivos desde esta mirada.

🔗 Coñece máis sobre Outra Forma de Vivenda – As Lavandeiras: https://outraformadevivenda.org/

15/10/2026

Resumo do café-networking presentando a Escuela Juana Millán e o emprendemento en colectivo en Ferrol coas fantásticas anfitrionas de Movilidad Humana.

🚀 Queres formar parte da comunidade Juana Millán?A Escuela de Emprendedoras Juana Millán é un espazo para mulleres que q...
14/10/2026

🚀 Queres formar parte da comunidade Juana Millán?

A Escuela de Emprendedoras Juana Millán é un espazo para mulleres que queren poñer en marcha ou consolidar os seus negocios, con formación, asesoramento, acompañamento e unha comunidade coa que aprender e crear redes de cooperación. Ademais, poderás coñecer oportunidades como os Premios Juana Millán, que recoñecen e impulsan proxectos emprendedores.

No Juanackathón: Rexístrate na Escola acompañámoste paso a paso para completar o proceso de inscrición e resolver as dúbidas que poidan xurdir.

💻 Unha sesión práctica, online e gratuíta, na que non estarás soa diante da pantalla: faremos o proceso xuntas!

📅 Xoves, 29 de outubro, de 17:00 a 18:00 h.

📩 Inscrición necesaria: LINK NA NOSA BIO ou en [email protected]

Dálle un empurrón ao teu rexistro e únete á comunidade Juana Millán! 💜

Como calculas o prezo do que ofreces?Canto tempo me leva realmente facer este traballo?Que materiais ou recursos necesit...
13/10/2026

Como calculas o prezo do que ofreces?

Canto tempo me leva realmente facer este traballo?
Que materiais ou recursos necesito?
Que parte dos gastos do meu negocio ten que cubrir?
E que marxe necesito para que o proxecto sexa viable?

Ás veces calculamos un prezo pensando só nos custes directos, no que custa o produto ou servizo que ofrecemos, ou tomando como referencia o que cobra o mercado. Pero o noso tempo, os gastos de estrutura, as ferramentas, os impostos ou os períodos sen actividade tamén forman parte da realidade económica do negocio.

Por iso, calcular o prezo dos nosos produtos ou servizos é unha decisión empresarial, non só unha operación matemática.

En 50pés facemos tradución económica e acompañamento empresarial para axudar a comprender estes números e tomar decisións que permitan construír proxectos viables e vivibles. 💛

📅 RESERVA A DATA · 18 DE NOVEMBRO · MADRIDC2C · Conversacións, aprendizaxe e intercambioCoidados e emprendemento na Econ...
09/10/2026

📅 RESERVA A DATA · 18 DE NOVEMBRO · MADRID
C2C · Conversacións, aprendizaxe e intercambio
Coidados e emprendemento na Economía Social e Solidaria. Unha ponte cara á Formación Profesional.

O 18 de novembro volvemos atoparnos en Madrid nunha nova edición do C2C, un espazo de diálogo e intercambio entre profesionais, docentes de Formación Profesional e entidades da Economía Social e Solidaria para compartir experiencias, aprendizaxes e prácticas arredor do emprendemento vinculado aos coidados.
O obxectivo? Aprender das experiencias que xa existen na ESS, xerar propostas concretas e trasladar estes aprendizaxes aos módulos de emprendemento da Formación Profesional, contribuíndo así a fortalecer o tecido produtivo e reprodutivo da ESS nos territorios.

A xornada articularase arredor de tres eixos:
🌱 Eixo 1 · Dignificar o traballo de coidados: cooperativismo e condicións laborais
🌿 Eixo 2 · Organizacións habitables: o coidado tamén cara dentro
🤝 Eixo 3 · Modelos comunitarios e públicos: alternativas á mercantilización

Desde 50pés Consultoras, como parte de REAS, estaremos co-coordinando, xunto con Germinando Iniciativas Socioambientales, o Eixe 2 · Organizacións habitables: o coidado tamén cara dentro.

Podes ver o programa completo (en actualización) na microsite de REAS https://www.economiasolidaria.org/c2c-2026/

📍 18 de novembro · Ateneo La Maliciosa · Madrid
🎟️ Inscrición gratuíta · Prazas limitadas
👉 Reserva a data e achégate a compartir, aprender e construír colectivamente.
Información e inscricións · C2C 2026 https://www.economiasolidaria.org/c2c-2026/

Acompañar proxectos dende a perspectiva de xénero. ♀️En 50pés traballamos no acompañamento empresarial con perspectiva d...
06/10/2026

Acompañar proxectos dende a perspectiva de xénero. ♀️

En 50pés traballamos no acompañamento empresarial con perspectiva de xénero, combinando tradución económica, apoio á toma de decisións e creación de espazos para aprender e facer rede.

Neste camiño colaboramos coa Escuela de Emprendedoras Juana Millán, unha escola virtual para mulleres emprendedoras que aposta pola formación, o acompañamento e a creación de redes entre proxectos.

A través da nosa colaboración, Helena Sanmamede, economista de 50pés, participa como titora e acompañante económica, e tamén contribuímos á creación de espazos de encontro entre emprendedoras en Galicia, con cafés-networking en diferentes localidades e a Feira de Mulleres Emprendedoras en Betanzos no 2025.

🔗 Coñece a Escola de Emprendedoras Juana Millán:
escueladeemprendedoras.es

Emprendemento con perspectiva de xénero = Proxectos viables. Proxectos vivibles. 💛

ESTA SEMANA!! Non perdas este encontro para mulleres emprendedoras en Ferrol.
06/10/2026

ESTA SEMANA!!
Non perdas este encontro para mulleres emprendedoras en Ferrol.

02/10/2026

Dirección

La Coruña
15010

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando 50pés consultoras publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a 50pés consultoras:

Atajos

Compartir

Categoría