Talentea RRHH

Talentea RRHH Diseño y ejecución de proyectos relacionados con la Igualdad y el empleo entre otros.

También asesoramos a personas en su búsqueda de empleo y ofrecemos servicios de formación y selección de personal/headhunting a empresas y entidades.

➡️ A través de FANPA, tivemos a oportunidade de realizar o pasado venres en Moraña a charla “Impacto da Pornografía en M...
12/05/2025

➡️ A través de FANPA, tivemos a oportunidade de realizar o pasado venres en Moraña a charla “Impacto da Pornografía en Menores”, dirixida tanto ao alumnado como ás familias.

🤔 Un espazo para reflexionar e dialogar sobre como afecta o consumo de pornografía en idades temperás, como inflúe nas relacións, na percepción do corpo e da sexualidade, na normalización da violencia sexual e que ferramentas podemos ofrecer desde a casa e dende a escola.

😊 Grazas á organización, áo centro educativo e a todas as persoas participantes polo seu interese e implicación. Seguimos traballando por unha educación afectivo-sexual máis consciente, igualitaria, responsable e saudable!



➡️Fai uns días levamos a cabo os obradoiros “Na casa, tod@s iguais” nos que traballamos co alumnado de Infantil do CEIP ...
24/03/2025

➡️Fai uns días levamos a cabo os obradoiros “Na casa, tod@s iguais” nos que traballamos co alumnado de Infantil do CEIP de Fornelos de Montes e co de Primaria do CEIP Pazos de Reis de Tui.

🙂 Unha actividade divertida na que traballamos a corresponsabilidade e destacamos a importancia das tarefas do fogar e dos coidados, reflexionando sobre como se fai o reparto de ditas tarefas nas súas casas e incidindo na necesidade de que eles e elas tamén colaboren nas mesmas.

😊Orgullo de equipo 👩🏻‍🏫 En Talentea cremos no poder da educación para transformar a sociedade, e contar con profesionais...
18/03/2025

😊Orgullo de equipo

👩🏻‍🏫 En Talentea cremos no poder da educación para transformar a sociedade, e contar con profesionais tan marabillosas como Lucía Pereda no noso equipo, faino posible. O traballo que está facendo co programa “Os nosos corpos, as nosas normas” dirixido a previr os trastornos da conduta alimentaria e a influencia da violencia estética en adolescentes está a ter un gran impacto, e emociónanos vela compartilo en .

📌 Déixamos aquí a ligazón á nova para que coñezades máis sobre o proxecto: https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2025/03/18/ninas-11-13-gusta-bola-115401036.html

✨ Hoxe damos inicio a “Coidándote para Coidar” ✨Desde o Concello de Sanxenxo, a través do seu Centro de Información á Mu...
14/03/2025

✨ Hoxe damos inicio a “Coidándote para Coidar” ✨

Desde o Concello de Sanxenxo, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha este programa pensado para todas as persoas que coidan de persoas en situación de dependencia. 💙

Sabemos que o coidado non só implica entrega e dedicación, senón tamén un gran desgaste emocional e físico. Por iso, en Coidándote para Coidar, queremos crear un espazo onde as persoas coidadoras poidan atender o seu propio benestar, fortalecendo o seu equilibrio emocional e recoñecendo que a súa saúde tamén importa.

🌿 Non se trata só de coidarse para poder seguir coidando, senón de entender que o benestar propio e a súa calidade de vida tamén contan.

Porque coidar é importante, pero quen coida tamén merece ser coidado/a. 💆‍♀️💆‍♂️

Grazas ao Concello de Sanxenxo por contar con nós para esta importante labor ❤️


Sigamos na loita. Non hai outra alternativa posible!! 💪🏼💪🏼
08/03/2025

Sigamos na loita. Non hai outra alternativa posible!! 💪🏼💪🏼

💜📚 A igualdade ensínase. A violencia desapréndese.O cambio comeza nas aulas, onde nenos, nenas e adolescentes aprenden q...
25/11/2024

💜📚 A igualdade ensínase. A violencia desapréndese.
O cambio comeza nas aulas, onde nenos, nenas e adolescentes aprenden que o respecto, a empatía e a igualdade son ferramentas para transformar o mundo. 🌍✊

👩‍🏫 Cada actividade que promove a igualdade de xénero é unha semente cara a unha sociedade máis xusta. Desde a educación formamos persoas que crecerán sen tolerar ningún tipo de violencia.

🚸💡 O 25 de novembro lembramos que a clave para un futuro libre de violencia está no presente: na educación, no compromiso e na acción.

💜 Por un mundo onde todas poidamos ser libres e vivas.

💜📚👩‍🏫

😍 Namoradas deste concello e da súa xente, e encantadas de levar a cabo este proxecto tan chulo!!😊Grazas á Concelleira V...
28/10/2024

😍 Namoradas deste concello e da súa xente, e encantadas de levar a cabo este proxecto tan chulo!!

😊Grazas á Concelleira Victoria que é unha persoa encantadora e súper implicada, e a Luciano, o Alcalde, que tamén quixo achegarse a coñecer de preto as actividades que se están a desenvolver e saudar ás participantes.

Concello de Pazos de Borbén

😁Hai caras que o din todo!! E iso que caían chuzos de punta…👉Aquí están as alumnas do Programa Capacitadas que organiza ...
16/10/2024

😁Hai caras que o din todo!! E iso que caían chuzos de punta…

👉Aquí están as alumnas do Programa Capacitadas que organiza o Concello de Ponte Caldelas e que nós nos encargamos de impartir por 5º ano consecutivo 🙌🏼

👷‍♀️Onte e hoxe estiveron practicando coa carretilla elevadora, e o profe xa nos chivou que se lles dera moi ben 👏🏼👏🏼

📚A verdade é que son unhas alumnas moi boas e aplicadas, non podemos pedir máis!!

⚠️Aínda queda algunha praza libre!! Se es muller, vives en Ponte Caldelas e estás interesada en buscar traballo en fábri...
26/09/2024

⚠️Aínda queda algunha praza libre!!
Se es muller, vives en Ponte Caldelas e estás interesada en buscar traballo en fábricas ou almacéns, non o dubides!! Esta pode ser unha mói boa oportunidade para ti ‼️
É ademáis gratuíta…

➡️ Buscamos persoal para cubrir estes postos en Sanxenxo, As Neves e Vila de Cruces. Máis info en cada imaxe ☺️
30/08/2024

➡️ Buscamos persoal para cubrir estes postos en Sanxenxo, As Neves e Vila de Cruces. Máis info en cada imaxe ☺️

✨ Hoxe queremos compartir convosco a marabillosa experiencia que vivimos nos obradoiros "Mulleres que inspiran", e que l...
16/07/2024

✨ Hoxe queremos compartir convosco a marabillosa experiencia que vivimos nos obradoiros "Mulleres que inspiran", e que levamos a cabo a semana pasada no Rosal.

🙏 Queremos agradecer ao que contase connosco para levar a cabo esta actividade e a por plantexarnos estes retos tan chulos 🤗

🤝 Tamén queremos expresar a nosa gratitude á .es, que desde o minuto cero, e sen coñercernos de nada, non dubidaron en botarnos unha man.

🌟 E por suposto un agradecemento moi especial a Corina Alfonso Mañá, a fantástica muller que nos contou a súa experiencia no deporte, e na vida en xeral, sendo unha persoa invidente de nacimento.

🙋🏻‍♀️ Corina, ademáis de campeona de Europa de Esgrima, é Psicóloga e profesora de Braille na ONCE. Fai uns anos ingresou como actriz de teatro no Centro Dramátigo Galego e incluso creou a súa propia compañía de teatro que se chama “Puntos de Vista”.
En resumo: Corina é unha pasada de muller!!

☺️ A súa historia e a forma na que nola contou, foron un exemplo perfecto de que non hai barreiras insuperables cando hai determinación e traballo duro detrás.

👧🧒 Ver a implicación e a emoción dos nenos e nenas participantes foi unha recompensa inmensa.

👨‍🦯‍➡️👩‍🦯‍➡️Todos/as puideron practicar atletismo e fútbol adaptado, e vivir en propia pel o que sinte unha persoa invidente.
A charla de Corina e o contacto directo con Penny, a súa cadela guía, tamén resultaron súper interesantes e aprendemos miles de cousas.

💫 Esta actividade non só nos marcou a nós como organizadoras da actividade, senón tamén aos nenos e nenas participantes, fomentando valores como a igualdade, a empatía, o esforzo e a diversidade.

Seguimos traballando xuntos/as para un futuro máis inclusivo e igualitario. 💪❤️

Igualdade

➡️ Desde marzo ata xuño estivemos de ruta por diversos concellos coa Escola Itinerante para Familias da Federación de An...
05/07/2024

➡️ Desde marzo ata xuño estivemos de ruta por diversos concellos coa Escola Itinerante para Familias da Federación de Anpas de Pontevedra.

➡️ En concreto coa charla "O impacto do consumo de pornografía en menores", da que participaron un total de 1️⃣4️⃣5️⃣ familias.

➡️ Foi unha experiencia moi enriquecedora. O traballo con familias é fundamental, traballemos ou non cos seus fillos e fillas, pois na maioria das ocasións, descoñecen a realidade do consumo de pornografía e as suas consecuencias.

➡️ Queremos agradecer á ter contado con nós, foi un pracer traballar con vos este curso e seguir para o próximo!! 🤗🤗

Dirección

Brasilino Alvarez, 6 Entlo. B
La Guardia
36780

Teléfono

625554992

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Talentea RRHH publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Talentea RRHH:

Compartir

Categoría