Tato Pampín Xestión

Tato Pampín Xestión Administración de Fincas
Xestión Inmobiliaria
Xestión Alquiler Vacacional

23/03/2026

📢 NOVAS MEDIDAS NO ALUGUEIRO ATA 2027 — O QUE DEBES SABER

O Goberno aprobou medidas extraordinarias que afectan directamente aos contratos de alugueiro de vivenda habitual.

Se es propietario ou inquilino, isto interésache 👇

🏠 1️⃣ Prórroga obrigatoria dos contratos

Os contratos que rematen antes do 31 de decembro de 2027 poderán prorrogarse ata 2 anos máis, mantendo as mesmas condicións.

➡️ A prórroga debe aceptala o propietario se a solicita o inquilino, salvo casos moi concretos (necesidade da vivenda, novo contrato, acordo distinto).

💰 2️⃣ Limitación da subida do alugueiro

Ata finais de 2027:

✔️ Se non hai acordo entre as partes, a renda NON poderá subir máis dun 2 % anual
✔️ Para grandes propietarios, ese límite aplícase sempre

⚖️ Estas medidas buscan dar estabilidade ás familias nun contexto de inflación e encarecemento dos custos de vida.

💼 En Tato Pampín Xestión axudámosche a:

✔️ Revisar o teu contrato de alugueiro
✔️ Saber que dereitos e obrigas tes
✔️ Negociar renovacións con seguridade xurídica
✔️ Xestionar alugueiros e comunidades con total tranquilidade

📞 Se tes dúbidas, consulta connosco antes de tomar decisións.

👉 Un bo asesoramento pode evitar conflitos e problemas legais.

27/02/2026

🏡 Tes unha vivenda baleira? Pode ser o momento de activala con apoio público

Hoxe publicouse no DOG a nova convocatoria do Programa Fogar Vivo 2026, unha liña de axudas para propietarios/as que queiran poñer a súa vivenda en alugueiro a prezo accesible.

Que implica?

✔ Axudas para rehabilitación e adecuación da vivenda.
✔ Axudas para contratar seguro de impago.
✔ Ata 16.000 € por vivenda segundo investimento.
✔ Renda limitada (no rural, ata 450 € mensuais).
✔ Compromiso de alugueiro mínimo de 5 ou 7 anos.

Moitos propietarios teñen vivendas pechadas por medo ao impago ou pola necesidade de facer pequenas reformas. Este programa reduce ese risco e axuda a asumir o investimento inicial.

Desde Tato Pampín Xestión podemos:

🏠 Analizar a viabilidade da túa vivenda.
🏠 Xestionar a captación e formalización do alugueiro.
🏠 Coordinar a tramitación da axuda en colaboración co despacho INAE. Asesores empresariales, SL
🏠 Organizar seguro de impago e seguimento do contrato.

Se tes unha vivenda baleira e queres estudar opcións con garantías, podemos analizar o teu caso.

📩 Contacto por privado ou no despacho.

10/02/2026

🔑 Novo Bono Emancípate 2026 en Galicia

A Xunta lanza unha nova axuda dirixida á mocidade para apoiar o paso cara á emancipación e facilitar os gastos iniciais dunha vivenda.

👉 Que é?
Unha axuda económica mediante tarxeta virtual para comprar mobiliario, electrodomésticos, decoración ou téxtil do fogar.

💶 Importes:
• Ata 1.500 € para persoas mozas que vivan de alugamento.
• Ata 3.000 € para quen compre vivenda.

👤 Quen pode solicitalo?
• Persoas de 18 a 35 anos con ingresos e contrato de alugamento ou compra posterior ao 30/04/2025.
• Deben estar empadroadas na vivenda e cumprir límites de renda.

📅 Prazo:
Desde o 13 de febreiro ata o 30 de abril de 2026 (ou ata esgotar crédito).

⚠️ As solicitudes tramítanse por orde de chegada, polo que convén presentala canto antes.

30/01/2026

SUBVENCIÓNS AO EMPRENDEMENTO 2026 – XUNTA DE GALICIA (TR880A)

A Xunta de Galicia vén de publicar unha nova convocatoria de axudas para apoiar a creación e consolidación de negocios en Galicia. Unha oportunidade especialmente interesante para persoas autónomas e pequenas empresas, sobre todo no rural.

👥 Quen pode solicitala?

✔ Autónomos/as (incluídas persoas mutualistas)
✔ Pemes, cooperativas e sociedades laborais
✔ Actividade iniciada desde o 1 de xaneiro de 2024
✔ Domicilio fiscal en Galicia

❗ Non poden solicitala quen xa obtivera esta mesma axuda en convocatorias anteriores.

💰 Importes da axuda

O investimento mínimo esixido é de 5.000 € (IVE excluído).

A subvención cobre:
🔹 55 % do investimento → de 5.000 € a 20.000 €
🔹 50 % → de 20.001 € a 30.000 €
🔹 45 % → de 30.001 € a 60.000 €

📈 +10 % adicional se o proxecto evita o peche dun negocio por remuda xeracional.

🧾 Que gastos son subvencionables?

✔ Maquinaria, bens de equipo e mobiliario
✔ Equipamento informático (non móbiles)
✔ Software, páxinas web e activos dixitais
✔ Reformas simples do local de negocio
✔ Investimentos en eficiencia enerxética
✔ Gastos notariais e rexistrais (ata 300 €)
✔ Alugamento do local (ata 1.500 €)

⛔ O IVE non é subvencionable.

📅 Os investimentos deben estar realizados e pagados entre o 1 de xullo de 2025 e a data de solicitude.

📝 Como se concede a axuda?

➡ Procedemento en concorrencia competitiva
➡ Non chega con cumprir requisitos: hai que puntuar ben

Valóranse especialmente:
⭐ Concello de menos de 2.000 habitantes
⭐ Sectores estratéxicos ou emerxentes
⭐ Igualdade e inclusión
⭐ Concellos adheridos á iniciativa de concellos emprendedores

⏳ O prazo máximo de resolución é de 3 meses.

📌 En INAE Asesores Empresariais:
✔ Analizamos se cumpres requisitos
✔ Calculamos a puntuación real do proxecto
✔ Axudámosche a decidir o investimento máis axeitado
✔ Presentamos e xustificamos a subvención completa

📩 Se estás a emprender ou consolidar o teu negocio, consúltanos agora.

Dirección

Rúa Wenceslao Calvo Garra
Lalín
36500

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tato Pampín Xestión publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir