Asesoría Cristina Arza

Asesoría Cristina Arza Asesoría fiscal, laboral e contable
Tramitación de subvencións
Liquidación de impostos

30/12/2016

Publicadas axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios.
Investimento mínimo: 30.000€
Prazo: 31/12/16 - 30/01/16

Tipos de gastos subvencionables:
a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.
b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas
rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
d) Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorariosde proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade

29/12/2016

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a Orde da Consellería do Medio Rural pola que convocan para o ano 2017 as subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e Sofor. Estas axudas están cofina...

05/12/2016

Este ano non o esquezas: “Merca en Lugo polo Nadal”. Logo do éxito das pasadas edicións, o tradicional "Mercado de Nadal da Deputación" non podía faltar á cita neste 2016. Se queres este Nadal ter un posto neste mercado, desde hoxe mesmo e ata o vindeiro 3 de decembro, ábrese o prazo para presentar…

06/10/2016

- Na páxina www.deputacionlugo.gal hai habilitado un espazo con toda a documentación a presentar. O prazo remata o vindeiro día 19, incluído- Unha vez resolto este proceso, antes de finais de ano, publicaranse os perfís que demanda o tecido produtivo da provincia e abrirase outro novo prazo para a s...

04/10/2016

O prazo de presentación é dun mes a contar dende mañá e o importe máximo a percibir polo solicitante de 15.000 euros

03/10/2016

Dende este sábado, 1 de outubro, e ata o 30 de novembro, está aberto o prazo para realizar solicitudes de arrendamento de parcelas do Banco de Terras de Galicia. Os arrendamentos son por un período de 5 anos, e en caso de desexar arrendar por un período maior, o propietario deberá dar o seu consente...

30/09/2016

Reivindicou a calidade e a idoneidade dos produtos frescos e manufacturados que saen das rías e empresas galegas e lembrou que Galicia conta co selo de calidade pescadeRías co que o ano pasado se certificaron máis de 8.600 toneladas de produto

16/09/2016

AXUDAS PARA A REDUCIÓN DA PRODUCIÓN LEITEIRA

Axuda de 14€/100kg de redución do volume de leite con respecto ó mesmo período do ano anterior.
Períodos nos que é posible solicitar a redución:
1º Outubro, novembro, decembro
2º Novembro, decembro, xaneiro
3º Decembro, xaneiro, febreiro
4º Xaneiro, febreiro, marzo
Só se pode solicitar por un período, agás para os solicitantes do primeiro, que tamén poderán solicitar polo cuarto.
A redución mínima no período debe ser de 1500kg e non pode solicitarse axuda por un volume de redución superior o 50% co respecto o mesmo período do ano anterior.
O prazo para o primeiro período remata o 21 de setembro as 12:00h

14/09/2016

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio amplía as axudas para paliar os danos do xabarín ás explotacións de autoconsumo, segundo recolle unha modificación da orde de axudas publicada este martes no Diario Oficial de Galicia. Ata o de agora, quedaban excluídas da orde de axudas as…

A entidade local subvencionará a contratación durante 1 ano de parados do municipio en empresas ou asociacións sen ánimo...
13/09/2016

A entidade local subvencionará a contratación durante 1 ano de parados do municipio en empresas ou asociacións sen ánimo de lucro.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este venres o novo plan de emprego que pon en marcha o Concello. Trátase de (Con) trato feito!, “o primeiro plan de emprego 100% municipal, dotado con 1.150.00€, do montante total dos 5 millóns de euros destinados á creación de emprego nos orzamentos, co q...

27/06/2016

Fomento de plantacións de castiñeiro para froito
Prazo: Ata 23/07/2016

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito en réxime de concorrencia competitiva.

Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia.

A intensidade de axuda para estas actuacións será do 80 %, e a axuda calcularase sobre o custo real subvencionable do investimento determinado, IVE excluído, no correspondente proxecto técnico.

As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:

-Gastos de plantación forestal
Estes gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, protección da planta mediante protectores, os titores e outros materiais necesarios, así como os de plantación propiamente dita.

-Primas de mantemento
Está destinada ao coidado, mantemento, enxertía, no caso de ser necesario, e demais traballos posteriores á plantación do castiñeiro para froito que son necesarios para o logro da plantación realizada. Esta prima de mantemento, que se subvenciona con cargo ao PDR, é para tres anualidades alternas e a primeira debe coincidir co ano seguinte ao pagamento final da obra de plantación.

Beneficiarios:
As sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC).

Dirección

Lugo
27004

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Martes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Miércoles 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Jueves 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Viernes 09:30 - 14:00
16:30 - 20:00

Teléfono

+34982049144

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asesoría Cristina Arza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir