12/11/2022
¡ Atención a estas posibles visitas !
🚨 ATENCIÓN 🚨
Ante a notificación de que unha persoa acudiu a un domicilio identificándose, falsamente, como traballadora social do Concello (cunha falsa identificación con foto colgada) e indicando que acudía para informar sobre unhas futuras axudas municipais, queremos informar e aclarar que:
1⃣. As traballadoras sociais coñecen e traballan coas familias e, normalmente nas entrevistas previas ou mediante carta certificada e debidamente identificada, informase das visitas domiciliarias.
2⃣. As visitas das traballadoras sociais sempre responden a unha intervención previa.
👉 Ante a dúbida, recomendamos chamar ao centro de convivencia que vos pertenza e confirmar a visita.