Banco de Tempo de Lugo

Cómo llegar Contactar con la empresa

Banco de Tempo de Lugo Un banco onde o importante non é o diñeiro, onde o importante son as persoas, os intercambios, o coñecemento... un banco para gañar tempo.

Se queredes participar activamente no Banco de tempo de Lugo podedes mandar un correo a dirección bancotempolugo@yahoo detallando o que necesitades e o que ofrecedes .

O próximo sábado as Espigadoras teñen estes obradoiros;
17/10/2026

O próximo sábado as Espigadoras teñen estes obradoiros;

11/10/2026

Aqui estamos de novo coa prpgramacion de outono.

05/10/2026

Despois do descanso veraniego, as Espigadoras comezan cun curso de encerado de teas,(para sustituir ao papel albal e ao plastico) e facendo veliñas de cera, o dia 18 de outubro de 11 a 14 h. En caborrecelle.

BlogO primeiro banco de tempo de lugo (bancotempolugo.blogspot.com)
26/09/2026

Blog

O primeiro banco de tempo de lugo (bancotempolugo.blogspot.com)

Un banco onde o importante non é o diñeiro, onde o importante son as persoas, os intercambios, o coñecemento... un banco para gañar tempo.

19/09/2026
13/09/2026

Encontro de Moedas Sociais e Complementarias, en Carballo, o 10 e 11 de outubro de 2026.

04/09/2026

O domingo 13 de setembro na Hedreira, ás 11h, terá lugar o mercadiño e ás 12h empezamos a asemblea.

30/08/2026

A data do vindeiro mercadiño e asemblea do BdT vai ser o domingo 13 de setembro.

Por favor, confirmen a asistencia ata o mércores 2 de setembro.

23/08/2026

Bancos de Tempo en clave xurídica:

O que hai é un principio de reciprocidade indirecta e multilateral que consiste en que, por unha banda, quen recibiu a axuda, non debe nada a quen lla prestou, pero será no seu día cando preste os servizos que ofrecese, a quen os demande

Pola súa banda, quen prestou a axuda recibe da comunidade un número de horas equivalente á vez que durou a axuda prestada.

Outras definicións falan crédito-hora ou crédito de servizo que poderán usarse cando se necesiten, solicitando a axuda á comunidade asociativa e entregando en pago das mesmas estes créditos. Isto é o que se chama paridade, e implica o recoñecemento de que o tempo e as distintas habilidades e saberes de cada persoa son útiles e valiosas. Ademais, en virtude do principio de cooperación, a reciprocidade ten unha dimensión social que esixe actuar conxuntamente para conseguir un mesmo fin.

Eses servizos non son laborais nin mercantís. Non son traballos entendendo o termo no sentido hexemónico de traballos remunerados.

17/08/2026

COMO REALIZAR UNHA XORNADA DE TROCO

Queres facer unha xornada de troco na túa localidade?

Busca previamente contactos de xente sensibilizada e apóiate en colectivos sociais, ecoloxistas, etc.

Tamén podes organizar un mercadiño de troco infantil en paralelo.

Busca un local adecuado ou un lugar ao ar libre que sexa axeitado e non resulte difícil de chegar.

Elabora un documento de difusión no que xustifiques o obxectivo do troco de poñer en práctica xeitos de economía diferentes, máis ecolóxicos e solidarios.

Difúndeo entre os colectivos locais e persoas afíns e anímaos a que leven a outras persoas. Tamén podes mandar unha nota de prensa aos medios.

Podes proxectar un documental sobre o tema do troco. E rematar o mercadiño cunha pequena actuación, contacontos, comida colectiva, etc.

Debe haber unha ou varias persoas que dinamicen, animen e axuden a facer os intercambios e contabilicen os que se fagan.

Dirección

Lugo

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Banco de Tempo de Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Banco de Tempo de Lugo:

Atajos

Compartir