Ktorce

Ktorce Ola! Somos KTORCE 🙋 Xente con ganas de facer cousas 🙈

• Asesoría estratéxica • Comunicación • Audiovisual • Xestión Cultural • Produción de eventos •

Escoitaches "Permita deus"? O novo disco de Davide Salvado xa está en todas as plataformas ✨Un traballo nacido do silenc...
17/05/2026

Escoitaches "Permita deus"? O novo disco de Davide Salvado xa está en todas as plataformas ✨

Un traballo nacido do silencio, da escoita e dunha forma máis pausada de crear e habitar. Un disco construído arredor da tradición, a memoria e a terra, pero cunha sonoridade totalmente contemporánea.

O vindeiro 21 de maio, Permita deus chegará ao Auditorio Teatro Afundación Vigo nun formato íntimo pensado para a escoita e a proximidade 🎶

🎟️ Entradas en Ataquilla.com

Dende KTORCE tivemos a sorte de acompañar a comunicación deste lanzamento 🛠️ E temos que dicir que o disco encántanos 🖤

⚔️ Hoxe presentamos oficialmente a Revolta Irmandiña 2026!Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá fomos desvelando par...
17/05/2026

⚔️ Hoxe presentamos oficialmente a Revolta Irmandiña 2026!

Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá fomos desvelando parte das novidades desta edición! Prestade atención ás redes da Revolta para descubrir todo o desglose de programación!

Na presentación estiveron presentes Marcos Vázquez Guzmán, director da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Ourense; Diego Lourenzo, concelleiro de Deportes do Concello de Verín; Manuel Pérez González, xefe de servizo de Deportes da Xunta de Galicia na provincia; José Luis Suárez Martínez, alcalde do Concello de Monterrei; e Jose Prado, representante da organización da Revolta Irmandiña.

A un mes da carreira as prazas nas categorías populares están xa esgotadas, pero podedes aínda inscribirvos nas competitivas de STARTER e ELITE! E, por suposto, anotar na axenda as actividades paralelas que temos preparadas!

🏹 Zona de tiro con arco xunto ao Clubde Tiro Eiroás (14 de xuño)
🎪 Retos e actividades para todos os públicos e Espazo infantil (14 de xuño)
🛍️ Mercadiño de artesanía e proxectos locais (14 de xuño)
🍢 O Pincho Irmandiño nos bares (11, 12 e 13 de xuño)
🍷 Catas e visitas coa DO Monterrei (13 de xuño)
👨‍🍳 Unha experiencia gastronómica con Martín Fernández - de Bagoa Gastrobar - na Adega Gargalo (13 de xuño)
🍽️ E xantar popular para pechar a fin de semana (14 de xuño)

Xa somos máis de 360 atletas inscritos e máis da metade chegan de fóra da comarca, convertendo a Revolta nun dos eventos deportivos con maior crecemento do territorio ⚔️🌿

Lembrade que, ademais, podedes competir por premios extra na Liga Aurum Terrae e no Circuito da Agua!

As últimas prazas competitivas continúan dispoñibles: 🌐 ktorce.gal/a-revolta-irmandinha

Vémonos na carreira, pero tamén nas actividades paralelas!

+INFO E DÚBIDAS: [email protected]

Volveu Davide Salvado. Permita Deus ✨“Este novo disco nace dun tempo longo de silencio e de escoita. Había algo que tiña...
26/04/2026

Volveu Davide Salvado. Permita Deus ✨

“Este novo disco nace dun tempo longo de silencio e de escoita. Había algo que tiña que dicir, pero só podía saír así, con calma e con verdade. Con Permita deus ábrovos a porta á miña casa”.

Xa está fóra “Luz do sol”, o primeiro adianto do novo disco que verá a luz o 12 de maio. Un tema que abre esta nova etapa e que xa podedes ver completo na súa canle de YouTube 🎬

En KTORCE sumámonos ao proceso acompañando a comunicación deste reencontro co público 🛠️

Máis do 60% do aforo da A Revolta Irmandiña xa está completo! 🔥Quedan menos de dous meses para vernos no monte e isto xa...
24/04/2026

Máis do 60% do aforo da A Revolta Irmandiña xa está completo! 🔥

Quedan menos de dous meses para vernos no monte e isto xa colle ritmo: unha tanda pechada e outras tres camiño das últimas prazas ⏳

Estamos ata nerviosos, non vos imos mentir 😅 Grazas pola resposta que lle estades dando a esta segunda edición 🙌

Vai ser unha fin de semana grande. Imos con todo 💥 E vós?

Xa tedes a vosa inscrición? 👇

📅 22 de xuño
📍 Verín | Monterrei
🔗 ktorce.gal/arevoltairmandinha

Esta semana estaremos na Escola Superior de Saúde CVP Alto Tâmega colaborando no Intercambio Transfronteirizo de Profesi...
21/04/2026

Esta semana estaremos na Escola Superior de Saúde CVP Alto Tâmega colaborando no Intercambio Transfronteirizo de Profesionais de Saúde 🤝

Encargámonos da parte audiovisual a dalgunha xestión; o das emerxencias deixámosllo a quen sabe 🩺📷🚑

Ao longo destes días, profesionais sanitarios de ambos lados da fronteira están a compartir experiencias na resposta ante situacións críticas, co obxectivo de mellorar a coordinación en contextos reais de emerxencia. Falamos de intervencións con persoas queimadas, traumas abdominais e torácicos, mobilizacións complexas, shock, uso de desfibriladores ou acceso a vías venosas en situacións límite.

Un traballo técnico e coordinado que vai axilizar a resposta no terreo, especialmente cando hai que actuar de maneira conxunta a ambos lados da fronteira 🌍⚡

Grazas por contar con nós unha vez máis 🛠️🤝

Organizan: ESSCVP-Alto Tâmega, ACIS Axencia de Coñecemento en Saúde, o 061 de Galicia e a Eurocidade Chaves-Verín, AECT.

Temos por diante unha fin de semana de traballo intensa. Pero tamén bonita! Ollade que axenda nos espera 🫣⬇️🔹 O aniversa...
17/04/2026

Temos por diante unha fin de semana de traballo intensa. Pero tamén bonita! Ollade que axenda nos espera 🫣⬇️

🔹 O aniversario do .enredo 🎂 Con Social Run 🏃‍♂️, pulpeira 🐙 e música a cargo dos 🎺 e 🎧

🔹 Concerto de .music 🎤 na

🔹 Foro de Igualdade de ♀️ no Concello de Celanova 🏛️

🔹 A 💪 co Campeonato Nacional OCR de Portugal 🇵🇹, dentro da colaboración coa

Se nos vedes por aí, convidade a unha caña! 🍻

E o luns, de volta á oficina 😶‍🌫️ que estamos traballando en novos proxectos para contarvos xa de xa 🛠️

👀 Atentas ás redes 📲

Ti tamén subiches ao Pozo do Demo este ano? 🏃‍♂️🌿Xa que nós estabamos no monte, aproveitamos para sacarvos algunhas foto...
01/04/2026

Ti tamén subiches ao Pozo do Demo este ano? 🏃‍♂️🌿

Xa que nós estabamos no monte, aproveitamos para sacarvos algunhas fotos para o recordo 📸

Búscate na galería que deixamos no enlace da nosa bio 👀

A semana pasada estivemos en Redes Criativas, na Eurocidade Chaves–Verín📍O Alex participou nunha das palestras compartin...
01/04/2026

A semana pasada estivemos en Redes Criativas, na Eurocidade Chaves–Verín📍

O Alex participou nunha das palestras compartindo ideas sobre proxectos transfronteirizos, nunha conversa con Alexandrina Martins (Teatro Experimental Flaviense e FIC Entre Curtas), parceiros nosos no FIC Vía XIV; e o Tiago Ribeiro de Catraio Creative 🎤

Ao longo da xornada falouse tamén doutros proxectos nos que estamos implicados, como o Circuito da Auga, que conecta a Revolta Irmandiña coa Flavius Challenge, e que exemplifica esa lóxica de traballo compartido entre territorios 🌍

Foi tamén unha boa ocasión para coñecer e conectar con novos axentes, poñer caras e empezar conversas que, con sorte, irán collendo forma 🤝

Ao final vai un pouco por aí o que nos gusta facer: Buscar 𝐮𝐧 𝐱𝐞𝐢𝐭𝐨 𝐝𝐢𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐝𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐚𝐫. 𝐂𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐫.

Grazas a pola xestión e polo convite ✨

🤝
🤝
chavesverin

Estamos botando unha man co Trail do Pozo do Demo, que xa se celebra o domingo 29. Aínda estás a tempo de anotarte!Unha ...
20/03/2026

Estamos botando unha man co Trail do Pozo do Demo, que xa se celebra o domingo 29. Aínda estás a tempo de anotarte!

Unha proba con historia que regresa a Verín, xunto coa andaina popular, para volver conectar co monte e coa contorna 🌿🏃‍♂️

🎫 Andaina: presencial en Multisport
📲 Trail (ata o luns): en Sportmaniacs e na app de Saudeter (link en historias)

Vides correr? 💨

💧 Nace o Circuito da Água 2026O pasado 2 de marzo presentamos na sede da EuroCidade Chaves-Verín, AECT  unha nova compet...
06/03/2026

💧 Nace o Circuito da Água 2026

O pasado 2 de marzo presentamos na sede da EuroCidade Chaves-Verín, AECT unha nova competición transfronteiriza de carreiras de obstáculos (OCR) que conectará dous territorios e dous eventos:

🏰 A Revolta Irmandiña
📍 Verín–Monterrei — 14 de xuño

🌉 Flavius Challenge OCR
📍 Chaves — 15 de novembro

Dende KTORCE formamos parte deste proxecto a través da organización da Revolta Irmandiña, consolidando unha liña de traballo que aposta polo deporte como ferramenta de conexión territorial, cooperación Galicia-Portugal e dinamización económica.

Queres saber máis? Toda a información en ktorce.gal 👀

Dirección

Lugo
2700X

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ktorce publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir