Castelo da Pena-Intervención arqueolóxica

Castelo da Pena-Intervención arqueolóxica Escavación, consolidación e acondicionamento do Castelo da Pena (Xinzo de Limia).

Financiada pola Consellería de Cultura Educación e Universidade da Xunta de Galicia e cofinanciada polo FEDER no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 OBXECTIVOS DA INTERVENCIÓN NO CASTELO DA PENA (Xinzo de Limia, Ourense) que está a realizar a empresa "A CITANIA Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio":

1) Intervención arqueolóxica

•Caracterizar estratigraficamente o ámbito das obras,

atendendo á posible existencia de vestixios arqueolóxicos de diferentes momentos históricos.
•Delimitar tanto espacial como estruturalmente os restos da fortaleza, diferenciando as súas partes e elementos construtivos, sobre todo no que atinxe aos recintos localizados no sector sur da torre.
•Documentar outro tipo de restos asociados coas estruturas, que poidan evidenciar arqueoloxicamente a complexidade do conxunto.
•Corroborar as adscricións cronolóxicas e estruturais dos restos aparecidos durante as anteriores intervencións.
•Estimar o estado de conservación das estruturas atopadas e establecer as consideracións previas para a súa consolidación.
•Recuperar con garantías calquera resto que poida aparecer durante a escavación.
•Realizar unha serie de estudos complementarios á propia escavación para acrecentar o coñecemento científico actual sobre o xacemento.
•Integrar os resultados obtidos coas intervencións anteriores dos anos 2016 e 2017.

2) Consolidación e restauración eventual de estruturas

•Garantir a adecuada conservación e protección das estruturas.
•Converter ao xacemento en elemento de difusión do pasado.
•Incrementar o seu coñecemento e comprensión.
•Garantir e facilitar certo rendemento económico, social e educativo.
•Respectar os valores naturais e paisaxísticos do castelo e o seu entorno.
•Facilitar a percepción e lectura das estruturas.
•Corrixir a escorregada e asolagamentos mediante a realización de drenaxes.
•Consolidar os diferentes elementos estruturais.

3) Acondicionamento e sinalización
Crear un percorrido de visita seguro, comprensible, e respectuoso co ben ademais de facilmente reversible.Preservar as estruturas no trazado e tratamento do percorrido.Integrar todas as actuacións dende a perspectiva da posta en valor do ben e a comprensión do sitio.

Dirección

Orense
OURENSE

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Castelo da Pena-Intervención arqueolóxica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir