David Alvarado Roales

Cómo llegar Contactar con la empresa

David Alvarado Roales Pai, politólogo, consultor e xornalista. Galego retornado por vontade propia. Pontino alén do barrio.

Os imperios nunca desapareceron. O que mudou foi a posición de Europa.Durante séculos, as potencias europeas impuxeron a...
20/10/2026

Os imperios nunca desapareceron. O que mudou foi a posición de Europa.

Durante séculos, as potencias europeas impuxeron a súa vontade a outras sociedades. Hoxe, a Unión Europea enfróntase ás presións de Estados Unidos, Rusia e China, nun escenario no que a forza militar, a dependencia económica e o control tecnolóxico condicionan a súa autonomía.

A partir dos traballos de Florian Louis, Nicolas Beaupré e Arnaud Orain, neste artigo en Praza Pública analizo as formas contemporáneas do imperialismo e a vulnerabilidade europea.

O desafío para a UE non consiste en recuperar unha posición imperial, senón en gañar autonomía sen reproducir as relacións de dominación que Europa contribuíu a construír.

🔗 https://praza.gal/opinion/europa-a-sombra-dos-imperios

En febreiro de 2003, o ministro francés Dominique de Villepin opúxose na ONU á invasión de Iraq en nome dun vello continente marcado pola guerra, a ocupación e a barbarie. Louis suxire aplicar ese razoamento ao pasado colonial. Asumilo daría a Europa autoridade para advertir a quen domina hoxe...

Mañá martes, ás 19.00 h, falaremos no Ateneo de Ourense de «Ceuta máis alá do titular: fronteira, relato e poder».Unha a...
19/10/2026

Mañá martes, ás 19.00 h, falaremos no Ateneo de Ourense de «Ceuta máis alá do titular: fronteira, relato e poder».

Unha análise da crise de Ceuta que cuestiona os marcos interesados, a instrumentalización política e as explicacións simplificadoras, e sitúa os acontecementos no seu contexto marroquí, rexional e europeo.

📍 Centro Cultural Marcos Valcárcel · Rúa do Progreso, 30 · Ourense.

«Ceuta máis alá do titular: fronteira, relato e poder»Este martes, 20 de outubro, a partir das 19h, estarei no Ateneo de...
18/10/2026

«Ceuta máis alá do titular: fronteira, relato e poder»

Este martes, 20 de outubro, a partir das 19h, estarei no Ateneo de Ourense para analizar a crise de Ceuta do pasado verán e, sobre todo, cuestionar o marco interpretativo co que se pretende explicar o sucedido.

Que intereses políticos e xeopolíticos estaban en xogo? Como se construíu o relato dunha «invasión»? Que papel desempeñaron a desinformación, a instrumentalización política e as relacións entre España, Marrocos e a Unión Europea?

Unha invitación a recuperar a complexidade fronte ás consignas e a examinar o que os relatos de parte deixan fóra.

📅 Martes 20 de outubro · 19.00 h
📍 Centro Cultural Marcos Valcárcel · Rúa do Progreso, 30 · Ourense
Organiza: Ateneo de Ourense.

O 12 de outubro non é só unha celebración institucional. É tamén un ritual de construción nacional que mobiliza símbolos...
18/10/2026

O 12 de outubro non é só unha celebración institucional. É tamén un ritual de construción nacional que mobiliza símbolos, emocións e relatos históricos para definir unha determinada idea de España.

Nesta columna de La Región reflexiono sobre o nacionalismo, a invención das tradicións e os usos políticos da memoria e das emocións. Os rituais patrióticos non son expresións neutras de identidade: tamén lexitiman unha interpretación da nación, da súa historia e de quen fala no seu nome.

Nunha democracia plural, a pertenza política non debería medirse pola adhesión a unha determinada liturxia patriótica.

🔗 https://www.laregion.es/opinion/rexime-emocional-do-12_1_20261015-4452112.html

Billig chamou “nacionalismo banal” á reprodución cotiá e inadvertida da nación, como a bandeira que ninguén mira nun edificio público. O 12 de outubro abandona esa discreción. Exército, Garda Civil, Virxe do Pilar e Hispanidade -nunca mestras nin enfermeiras- compoñen unha España prese...

Hoxe, ás 20.00 h, estarei no Club FARO coa conferencia «Ceuta alén do caos. O que a fronteira non deixa ver».Falaremos d...
09/10/2026

Hoxe, ás 20.00 h, estarei no Club FARO coa conferencia «Ceuta alén do caos. O que a fronteira non deixa ver».

Falaremos de como se constrúe o problema migratorio, dos marcos interpretativos que condicionan a súa percepción e das chaves políticas, rexionais e internacionais profundas da crise de Ceuta, así como das súas implicacións para España, Marrocos e Europa.

A conferencia será presentada por Enrique Varela, director do Observatorio Gobernanza G3 da Universidade de Vigo.

📅 Hoxe, venres 9 de outubro · 20.00 h
📍 Salón de actos do MARCO · Rúa Príncipe, 54 · Vigo

Entrada libre ata completar a capacidade de 150 persoas, con acceso preferente para subscritores.

🔗 https://www.farodevigo.es/club-faro/programacion/2026/09/27/david-alvarado-ceuta-alen-do-caos-134512248.html

GAL · Este venres 9 de outubro: «Ceuta alén do caos», no Club FARO. Unha análise das chaves políticas, rexionais e inter...
07/10/2026

GAL · Este venres 9 de outubro: «Ceuta alén do caos», no Club FARO. Unha análise das chaves políticas, rexionais e internacionais profundas da crise, e das súas implicacións para España, Marrocos e Europa.

ES · Este viernes 9 de octubre: «Ceuta alén do caos», en Club FARO. Un análisis de las claves políticas, regionales e internacionales profundas de la crisis y de sus implicaciones para España, Marruecos y Europa.

🗓 9 de outubro · 20h00
📍 Salón de actos do MARCO · Rúa Príncipe, 54 · Vigo

🔗 https://www.farodevigo.es/club-faro/programacion/2026/09/27/david-alvarado-ceuta-alen-do-caos-134512248.html

GAL · CIDOB notes internacionals. De Ceuta a Evros, los límites de la Europa fortaleza analiza como a UE combina fortifi...
07/10/2026

GAL · CIDOB notes internacionals. De Ceuta a Evros, los límites de la Europa fortaleza analiza como a UE combina fortificación, vixilancia e cooperación con terceiros países para conter as chegadas irregulares, desde a fronteira polaco-bielorrusa ata Evros, Lampedusa, Ceuta e Canarias. A comparación permite observar que poden conseguir estes instrumentos, de que condicións depende a súa eficacia e que vulnerabilidades xera a externalización do control migratorio.

ES · De Ceuta a Evros, los límites de la Europa fortaleza analiza cómo la UE combina fortificación, vigilancia y cooperación con terceros países para contener las llegadas irregulares, desde la frontera polaco-bielorrusa hasta Evros, Lampedusa, Ceuta y Canarias. La comparación permite observar qué pueden conseguir estos instrumentos, de qué condiciones depende su eficacia y qué vulnerabilidades genera la externalización del control migratorio.

FR · De Ceuta à Evros, les limites de l’Europe forteresse analyse la manière dont l’UE combine fortification, surveillance et coopération avec des pays tiers pour contenir les arrivées irrégulières, de la frontière polono-biélorusse à Evros, Lampedusa, Ceuta et aux Canaries. La comparaison permet d’observer ce que ces instruments peuvent accomplir, les conditions dont dépend leur efficacité et les vulnérabilités engendrées par l’externalisation du contrôle migratoire.

EN · From Ceuta to Evros: the limits of Fortress Europe analyses how the EU combines fortification, surveillance and cooperation with third countries to contain irregular arrivals, from the Polish-Belarusian border to Evros, Lampedusa, Ceuta and the Canary Islands. The comparison shows what these instruments can achieve, the conditions on which their effectiveness depends, and the vulnerabilities generated by the externalisation of migration control.

📄 N.º 342 · outubro 2026

🔗 https://www.cidob.org/publicaciones/ceuta-evros-limites-europa-fortaleza

Desde la frontera polaco-bielorrusa hasta Evros y Lampedusa (Grecia), pasando por Ceuta y Canarias (España), Europa combina fortificaciones, vigilancia y c

GAL · O vindeiro venres 9 de outubro: «Ceuta alén do caos», no Club FARO. Unha análise das chaves políticas, rexionais e...
04/10/2026

GAL · O vindeiro venres 9 de outubro: «Ceuta alén do caos», no Club FARO. Unha análise das chaves políticas, rexionais e internacionais profundas da crise, e das súas implicacións para España, Marrocos e Europa.

ES · El próximo viernes 9 de octubre: «Ceuta alén do caos», en Club FARO. Un análisis de las claves políticas, regionales e internacionales profundas de la crisis y de sus implicaciones para España, Marruecos y Europa.

🗓 9 de outubro · 20h00
📍 Salón de actos do MARCO · Rúa Príncipe, 54 · Vigo

🔗 https://www.farodevigo.es/club-faro/programacion/2026/09/27/david-alvarado-ceuta-alen-do-caos-134512248.html

GAL · O venres 9 de outubro participarei no Club FARO coa conferencia «Ceuta alén do caos». Unha análise das chaves polí...
01/10/2026

GAL · O venres 9 de outubro participarei no Club FARO coa conferencia «Ceuta alén do caos». Unha análise das chaves políticas, rexionais e internacionais profundas da crise, e das súas implicacións para España, Marrocos e Europa.

ES · El viernes 9 de octubre participaré en Club FARO con la conferencia «Ceuta alén do caos». Un análisis de las claves políticas, regionales e internacionales profundas de la crisis y de sus implicaciones para España, Marruecos y Europa.

FR · Le vendredi 9 octobre, je participerai au Club FARO avec la conférence «Ceuta alén do caos». Une analyse des clés politiques, régionales et internationales profondes de la crise et de ses implications pour l’Espagne, le Maroc et l’Europe.

EN · On Friday 9 October, I will speak at Club FARO in «Ceuta alén do caos». An analysis of the deep political, regional and international drivers of the crisis and its implications for Spain, Morocco and Europe.

🗓 9 de outubro · 20h00
📍 Salón de actos do MARCO · Rúa Príncipe, 54 · Vigo

🔗 https://www.farodevigo.es/club-faro/programacion/2026/09/27/david-alvarado-ceuta-alen-do-caos-134512248.html

GAL · As democracias do século XXI non teñen por que morrer como as do XX. No meu artigo en Praza.gal analizo por que mi...
30/09/2026

GAL · As democracias do século XXI non teñen por que morrer como as do XX. No meu artigo en Praza.gal analizo por que mirar unicamente a 1933 pode dificultar a comprensión das formas contemporáneas de erosión democrática.

ES · Las democracias del siglo XXI no tienen por qué morir como las del XX. En mi artículo en Praza.gal analizo por qué mirar únicamente a 1933 puede dificultar la comprensión de las formas contemporáneas de erosión democrática.

FR · Les démocraties du XXIe siècle ne sont pas condamnées à mourir comme celles du XXe. Dans mon article publié par Praza.gal, j’examine pourquoi regarder uniquement vers 1933 peut empêcher de comprendre les formes contemporaines d’érosion démocratique.

EN · Twenty-first-century democracies do not have to die as twentieth-century democracies did. In my article for Praza.gal, I examine why looking only to 1933 can make it harder to understand contemporary forms of democratic erosion.

📰 Praza.gal · «Mirar a 1933 para non ver 2026»

🔗 https://praza.gal/opinion/mirar-a-1933-para-non-ver-2026

Este texto naceu como resposta a «¿Viene el fascismo?», columna que Roberto Blanco Valdés publicou en La Voz de Galicia o pasado 13 de setembro. Remitino á sección de Opinión do mesmo xornal, que acusou recepción pero non tivo a ben publicalo

Dirección

Orense
32001

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando David Alvarado Roales publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a David Alvarado Roales:

Atajos

Compartir

Categoría