02/02/2026
ℹ️ 𝘼𝙫𝙞𝙨𝙤 𝙞𝙢𝙥𝙤𝙧𝙩𝙖𝙣𝙩𝙚 | 𝘾𝙀𝙄𝙋 𝙂𝙧𝙚𝙜𝙤𝙧𝙞𝙤 𝙎𝙖𝙣𝙯
Con motivo das obras no CEIP Gregorio Sanz, a partir do venres 6 de febreiro realizarase o corte temporal da rúa na zona de parada dos autobuses escolares, co fin de garantir a seguridade do alumnado.
🚫 Non estará permitida a circulación de vehículos privados nos seguintes horarios:
09:15 a 09:40h (entrada do alumnado)
15:30 a 16:00h (saída do alumnado de comedor)
👮♂️ A Policía Local regulará o tráfico durante estes tramos horarios.
👉 Trátase dunha medida puntual e temporal. Agradecemos a colaboración e comprensión da veciñanza.