02/06/2026
📢 Declaración da Renda 2025: ¿Estás obrigado a presentala?
A campaña da Renda é unha cita anual coa Axencia Tributaria que xera numerosas dúbidas. Unha das máis frecuentes é saber se existe ou non obriga de presentar a declaración.
Se durante o ano 2025 obtiveches ingresos por traballo, actividades económicas, alugueiros ou rendementos financeiros, é importante revisar a túa situación para evitar imprevistos.
👉Deberás presentar a Declaración da Renda se:
✔️ Percibiches máis de 22.000 € anuais procedentes dun único pagador.
✔️ Tivestes máis dun pagador e os teus ingresos superan os 15.876 € anuais,cando do segundo e restantes pagadores recibiches máis de 1.500 €.
✔️ Desenvolves unha actividade como autónomo/a, independentemente do nivel de ingresos obtidos.
✔️ Obtiveches determinadas ganancias patrimoniais, rendementos do capital mobiliario ou percibiches prestacións que implican a obriga de declarar.
⚠️ **Importante:** Non estar obrigado a presentar a declaración non significa que non che compense facela. En moitos casos, a declaración resulta a devolver, permitindo recuperar parte das retencións soportadas durante o ano.
📅 Non deixes este trámite para o último momento. Unha revisión previa da túa situación fiscal pode axudarche a cumprir coas túas obrigas e aproveitar todas as deducións ás que teñas dereito.
📞 Contacta connosco e resolveremos todas as túas dúbidas:
📍Av.Alfonso Molina, 8 , 1º e 2º piso, 15840, Santa Comba
📞 981881038
📧 [email protected]