Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Cegasal Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Cegasal, Centro de negocios, Rúa de Dublín, Nº3, Baixo, Santiago de Compostela.

A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal) traballa cada día a prol da inserción laboral das persoas con discapacidade.

14/10/2026

💼 Ter un traballo é unha fonte de identidade, de utilidade e de pertenza. Por iso, é un dereito para todas as persoas.

🎯 No marco do 20º aniversario da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, lembramos que aínda existen prexuízos no ámbito empresarial. Sen embargo, a capacidade, a formación ou a experiencia non poden quedar nun segundo plano.

🗣 Hoxe escoitamos a Ruth, que nos recorda a importancia de dar oportunidades laborais ás persoas con discapacidade. Porque cómpre acadar un mercado de traballo inclusivo, libre de estereotipos e de discriminación.

Cermi Galicia

12/10/2026

💚 Coñecer, compartir e seguir facendo rede.

Visitamos a xornada de portas abertas de Andaina Pro Saúde Mental Andaina Pro Saúde Mental unha oportunidade para achegarnos ao seu día a día, coñecer de primeira man o traballo que desenvolven e compartir experiencias arredor da inclusión, o emprego e a saúde mental.

🤝 Encontros coma este permítennos fortalecer vínculos entre entidades e poñer en valor iniciativas que contribúen a xerar oportunidades e avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva.

Dámoslle ao play! ▶️

EmpregoInclusivo

🧠 Neste Día Mundial da Saúde Mental, desde Cegasal queremos poñer o foco nas dificultades que aínda atopan as persoas co...
10/10/2026

🧠 Neste Día Mundial da Saúde Mental, desde Cegasal queremos poñer o foco nas dificultades que aínda atopan as persoas con trastorno mental para acceder ao mercado laboral.

❗ En Galicia, só o 17,5 % das persoas con discapacidade derivada dun problema de saúde mental teñen emprego.

Para contribuír a cambiar esta realidade, o vindeiro 15 de outubro poñemos en marcha a terceira edición de Capacitadamente, un proxecto pioneiro que combina formación, acompañamento e oportunidades laborais para persoas con trastorno mental.

Porque detrás de cada persoa hai capacidades, talento e ganas de traballar. O que necesitamos é seguir abrindo portas 🚪

Coñece o proxecto e todos os detalles na nosa web 🔗 https://f.mtr.cool/66entubij5

Johnson & Johnson | ERIT | Asociación Itinera Voluntarios en Saúde Mental

En memoria de Xosé Manuel BeirasDende Cegasal queremos lembrar a Xosé Manuel Beiras, unha das figuras irrepetibles da no...
08/10/2026

En memoria de Xosé Manuel Beiras

Dende Cegasal queremos lembrar a Xosé Manuel Beiras, unha das figuras irrepetibles da nosa sociedade, polo seu compromiso coa xustiza social, coa defensa dos dereitos e coa dignidade das persoas.

Descansa en paz.

📷 Imaxe: Arxina

☕ Unha nova cita para reflexionar, compartir e anticipar os retos da economía social.O vindeiro xove, 15 de outubro, San...
07/10/2026

☕ Unha nova cita para reflexionar, compartir e anticipar os retos da economía social.

O vindeiro xove, 15 de outubro, Santiago de Compostela acolle a VI edición dos Cafés con Aroma a Economía Social, organizados por Foroesgal baixo o título 'A economía social ante o novo escenario xeopolítico internacional'.

A xornada que contará con voces expertas como Miguel Otero, investigador principal no Real Instituto Elcano e profesor e director na IE University, Carlos Lozano, coordinador da Área de Relacións Internacionais da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) , ou Celso Gándara, representante do Foroesgal en CEPES.

📅 15 de outubro
🕙 Ás 10:00 horas
📍 Hotel Puerta del Camino | Santiago de Compostela

📘 Que servizos lle presta Cegasal aos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social?👉 Reunimos nun novo tríptico os ...
02/10/2026

📘 Que servizos lle presta Cegasal aos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social?

👉 Reunimos nun novo tríptico os principais ámbitos nos que traballamos para acompañar e fortalecer os CEEIS: información e asesoramento, formación, representación e defensa dos seus intereses, apoio técnico, promoción do emprego inclusivo e traballo en rede.

O material recolle tamén os diferentes sectores de actividade nos que traballan os centros asociaciados.

O tríptico xa está dispoñible na web 🔗 https://f.mtr.cool/qoy1m0zbvu
🖨️ Maquetación e impresión a cargo do CEEIS asociado Grafinco.

Esta acción enmárcase no programa de actuación 2026-2027 da Rede Eusumo - Economía Social de Galicia.

🤝 A gualdade na empresa e a accesibilidade na cultura marcaron a axenda de Cegasal desta mañá.En Vigo, o presidente da a...
01/10/2026

🤝 A gualdade na empresa e a accesibilidade na cultura marcaron a axenda de Cegasal desta mañá.

En Vigo, o presidente da asociación, Mino Martínez, asistiu ao VI Foro Empresarial pola Igualdade, organizado pola Confederación Empresarial de Pontevedra - CEP. Unha xornada que puxo o foco no valor da igualdade dentro das empresas e no seu impacto en cuestións como o talento, a competitividade ou o liderado.

♿ Por outra banda, en Santiago de Compostela, o secretario xeral de Cegasal, Víctor Silva, e a axente de Emprego, Esther Blanco, asistiron á presentación do informe 'Accesibilidade cultural en Galicia. Diagnóstico das prácticas, capacidades e necesidades do sector', do Consello Da Cultura Galega. Un encontro para coñecer de preto a situación da accesibilidade no ámbito cultural e compartir impresións con outras entidades, integradas no Cermi Galicia, que traballan no ámbito da inclusión.

⚡ Esta mércores, o presidente de Cegasal, Mino Martínez, asistiu aos Energy Days 2026, o foro organizado polo Clúster de...
30/09/2026

⚡ Esta mércores, o presidente de Cegasal, Mino Martínez, asistiu aos Energy Days 2026, o foro organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) que estes días reúne en Santiago a profesionais, empresas e entidades vinculadas ao sector enerxético.

Na súa terceira edición, o encontro aborda algúns dos principais retos da transición enerxética e da industria, con espazos dedicados á descarbonización, o almacenamento enerxético, a eficiencia, a innovación no sector eléctrico, a mobilidade ou a enerxía eólica.

📍 A presenza de Cegasal neste foro permite seguir de preto os cambios que están transformando o tecido empresarial galego e compartir espazos de encontro con outros axentes económicos e sociais.

🌱 Por onde comeza a sostibilidade nun Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social?Incorporar a sostibilidade á xesti...
29/09/2026

🌱 Por onde comeza a sostibilidade nun Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social?

Incorporar a sostibilidade á xestión dun CEEIS require coñecer o punto de partida, definir prioridades e converter os obxectivos en accións concretas.

📘 A Guía de Sostibilidade para Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, elaborada por Cegasal, propón un itinerario en catro fases:

1️⃣ Sentar as bases para integrar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) no centro, promovendo o compromiso, a participación, as alianzas e a formación das persoas implicadas.
2️⃣ Analizar a situación do CEEIS para identificar capacidades, recursos, necesidades e áreas de mellora que permitan avanzar na integración dos ODS.
3️⃣ Definir un plan de acción que estableza os ODS prioritarios, as metas, os indicadores, as accións e os recursos necesarios para avanzar cara á sostibilidade.
4️⃣ Poñer en marcha as accións definidas e medir os seus avances e resultados para avaliar o impacto e introducir melloras.

👉 Consulta a guía🔗 https://f.mtr.cool/3ionbtdjdg

Esta acción enmárcase no programa de actuación 2026-2027 da Rede Eusumo - Economía Social de Galicia.

💼 🎨🚗 Artes gráficas, alimentación, automoción, restauración, xardinería, limpeza viaria, xestión de residuos, téxtil, co...
27/09/2026

💼 🎨🚗 Artes gráficas, alimentación, automoción, restauración, xardinería, limpeza viaria, xestión de residuos, téxtil, consultoría, agricultura e gandería son só algúns dos ámbitos nos que desenvolven a súa actividade os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social asociados a Cegasal.

Un tecido empresarial diverso que suma 33 entidades e 57 centros de traballo, con máis de 2.500 persoas empregadas, das cales oito de cada dez teñen discapacidade.

👉 Na nosa web podes coñecer aos CEEIS asociados e descubrir os seus produtos e servizos 🔗 https://f.mtr.cool/61h8lolrwf

Dirección

Rúa De Dublín, Nº3, Baixo
Santiago De Compostela
15707

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
16:00 - 19:00
Martes 08:30 - 15:00
16:00 - 19:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Teléfono

+34673042029

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cegasal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Cegasal:

Atajos

Compartir