dehistoria. Cultura. Historia. Patrimonio

dehistoria. Cultura. Historia. Patrimonio Investigamos a historia e a poñemola ao servizo da túa comunidade, negocio ou familia para xerar riqueza, cultura e identidade. Historizate!

Hoxe foi unha xornada intensa pero moi produtiva. Lugo estaba fermosísima coas cores do verán e case preparada para o Ar...
16/06/2026

Hoxe foi unha xornada intensa pero moi produtiva.
Lugo estaba fermosísima coas cores do verán e case preparada para o Arde Lvcvs. 🏛️🏛️
Foron moitos mazos, uns mellores que outros, a verdade, no Arquivo Histórico Provincial.
E logo unha tarde moi agradable e enriquecedora da man da , nunha mesa redonda na que falamos sobre a gastronomía desde o patrimonio, a identidade, o intercambio cultural... Todo tan interesante!
Moitisimas grazas por convidarnos! 🤗

Hoxe pasamos a mañá aquí. Falamos da autenticidade dos documentos sobre a familia Colon de Pontevedra.
22/05/2026

Hoxe pasamos a mañá aquí. Falamos da autenticidade dos documentos sobre a familia Colon de Pontevedra.

Adaptarse aos tempos do ano😉😉
12/05/2026

Adaptarse aos tempos do ano😉😉

Hoxe pasamos o día aquí, no , esa mina constante de testemuños da nosa historia.Está sendo un día ben intenso, cunha eno...
21/07/2025

Hoxe pasamos o día aquí, no , esa mina constante de testemuños da nosa historia.
Está sendo un día ben intenso, cunha enormidade de mazos, cadernos e mesmo pergamiños a revisar.
Grazas infinitas ao equipo de profesionais desta casa; sen a súa axuda e competencia hoxe non poderíamos ter avanzado tanto nos nosos proxectos. 🥰🥰
Marcharemos a casa cansas pero con esa sensación tan chula dos días intensos pero produtivo. 🤗

Como rescatadoras da historia do San Martiño de Francos, hoxe é un día de gran safisfacción para nós.Alegrámonos moito d...
17/06/2025

Como rescatadoras da historia do San Martiño de Francos, hoxe é un día de gran safisfacción para nós.
Alegrámonos moito desta decisión, que culmina o traballo de estudo e posta en valor que ven facendo o desde hai case unha década 👏🏻👏🏻👏🏻
Grazas por permitirnos colaborar nese proxecto colectivo 🥰
Parabens, veciñanza de Teo 🤗

Hoxe tocou traballo de campo nun "marco incomparable" 🤩🤩🤩En serio, que bonitura de lugar! Axeitado para esta xornada lum...
16/06/2025

Hoxe tocou traballo de campo nun "marco incomparable" 🤩🤩🤩
En serio, que bonitura de lugar!
Axeitado para esta xornada luminosa, ainda que algo acalorada.

Hoxe é o Día Internacional dos Arquivos e son moitos os que ofrecen unha programación especial, visitas etc.Nós estivemo...
09/06/2025

Hoxe é o Día Internacional dos Arquivos e son moitos os que ofrecen unha programación especial, visitas etc.
Nós estivemos no Arquivo Historico da Universidade de Santiago, paseamos polos seus enormes depósitos ateigados de armarios compactos cheos de libros, caixas e atados. Alí están os expedientes de todos os homes e mulleres que pasaron pola uni galega, desde o s. XVI até 1990 (cando a disgregacion), o arquivo municipal de Santiago, os protocolos... Unha marea de papel! 🤷🏻‍♀️
Visitamos tamén o obradoiro de restauración, que é un dos poucos que hai en Galicia.
O que alí aprendimos!
É un traballo imprescindible e meticuloso que precisa non só de habilidade senón tamén dunha alta cualificación técnica.
Vos sabïades que se usa o goretex (si, o das zapatillas) para restaurar pergamiño?
Ou que a laponita ou a cola de esturion, mais tamén o tradicional engrudo son produtos empregados nestas operacions? 🤯🤩🤯🤩
Grazas polas explicacións e visita ao equipazo do AHUS 👏🏻🥰

Xoves da Ascensión! Sen dúbida algunha o día mais picheleiro do ano 😎😎Xornada de paseo, música, feira cabalar e polbo en...
29/05/2025

Xoves da Ascensión!
Sen dúbida algunha o día mais picheleiro do ano 😎😎
Xornada de paseo, música, feira cabalar e polbo en Santa Susana. Tamén de repasar o caderniño que dedicamos á Compostela festiva na coleccion que preparamos para o hai uns anos.
É tan lindooo con eses deseños de 🤩
Boas festas!! 🎡🎆

Hoxe tocou visita ao Arquivo da  para revisar uns expedientes.O esforzo da Deputación na organización, descrición e post...
22/04/2025

Hoxe tocou visita ao Arquivo da para revisar uns expedientes.
O esforzo da Deputación na organización, descrición e posta a disposición da cidadanía do patrimonio documental da provincia é sobresaínte. Desde o seu portal Atopo, ábrese un mundo de coleccions municipais, privadas e institucionais que é inmenso e accesible, froito dun traballo profesional sostido que emerxe tras décadas de traballo.
Un exemplo a seguir con poucos referentes en España que podan asemellarse. 🤩🤩

Aproveitamos estes dias de impasse para explorar novos territorios. Desta volta, foi o Archivo General de la Administrac...
15/04/2025

Aproveitamos estes dias de impasse para explorar novos territorios. Desta volta, foi o Archivo General de la Administración onde desenvolvemos unha xornada de traballo productiva e rematada cun paseo ben lindo por Alcalá de Henares, un dos berces do Humanismo en Castela.

Dirección

Pza De Fonseca 3
Santiago De Compostela
15705

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Teléfono

+34981575313

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando dehistoria. Cultura. Historia. Patrimonio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a dehistoria. Cultura. Historia. Patrimonio:

Atajos

Compartir

Categoría