Abeluria Coop

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Abeluria Coop Poñemos a nosa creatividade e experiencia a disposición dos nosos clientes co fin de proporcionar un asesoramento axeitado ás súas necesidades.

Emprender non ten por que ser un camiño en solitario 💜 Co Hub Olympe Emprende atoparás asesoramento personalizado, forma...
21/10/2026

Emprender non ten por que ser un camiño en solitario 💜

Co Hub Olympe Emprende atoparás asesoramento personalizado, formación, mentorías e unha comunidade que te acompaña. Xa hai 11 cooperativas creadas co apoio do programa.

É un programa gratuíto pensado para impulsar o emprendemento colectivo (co)liderado por mulleres e con impacto social.

📅 Sesións informativas: 10, 12 e 25 de novembro. Contámosche todos os detalles e resolvemos as túas dúbidas.

👉 Inscríbete ás sesións aquí: https://f.mtr.cool/it1ddrqe76

Tes unha idea e queres emprender en economía social? 💡O Hub Olympe Emprende acompaña proxectos (co)liderados por mullere...
14/10/2026

Tes unha idea e queres emprender en economía social? 💡

O Hub Olympe Emprende acompaña proxectos (co)liderados por mulleres e con impacto social en Cataluña, Galicia e Andalucía.

🌱 Incubadora, para dar forma á túa idea
🚀 Aceleradora, para impulsar a túa empresa
💜 Unha comunidade de proxectos e persoas que queren transformar a sociedade

Inscricións abertas ata o 31 de decembro
👉 Inscríbete aquí: https://f.mtr.cool/5yr7wf5742

🐝 Hoxe saímos en La Voz de Galicia nunha reportaxe sobre Abeluria e sobre o momento que está a vivir o cooperativismo en...
29/06/2026

🐝 Hoxe saímos en La Voz de Galicia nunha reportaxe sobre Abeluria e sobre o momento que está a vivir o cooperativismo en Galicia.

Falamos de como naceu a nosa cooperativa, do que significa para nós traballar poñendo as persoas no centro e da importancia de seguir estendendo este modelo económico: democrático, horizontal, flexible e con capacidade para xerar emprego digno e con arraigo.

Porque unha cooperativa non é só unha fórmula xurídica: é unha maneira de entender o traballo, os coidados, a conciliación e a economía.

Na reportaxe tamén se recollen datos que amosan o crecemento do cooperativismo galego, especialmente na provincia da Coruña, e o seu papel na cohesión territorial, no emprego de proximidade e na economía social.

Grazas a La Voz de Galicia e a Emma Araújo por achegarse a coñecer o noso traballo e por contribuír a visibilizar que outra forma de emprender é posible.

Animámosvos a ler a reportaxe 👇 https://bit.ly/4whs9Fj

Hai sorrisos que non se poden agochar 😊Sorrisos que aparecen cando estás no lugar axeitado, facendo o que che gusta de v...
20/04/2026

Hai sorrisos que non se poden agochar 😊
Sorrisos que aparecen cando estás no lugar axeitado, facendo o que che gusta de verdade.
Cando sentes que o que fas ten sentido, que aporta, que suma e que transforma pouco a pouco o mundo que tes arredor 🌱

Iso é o que vivimos en proxectos como 🤝 Espazos creados para compartir, para escoitar, para aprender unhas das outras.

Conversas compartidas 💬
Coñecementos que medran 📚
Experiencias que nos conectan e nos fan máis fortes 🌿

E sobre todo, a marabilla de atoparnos con outras mulleres da economía social galega 💜
Mulleres que tamén están construíndo camiños con propósito, con valores e con ganas de cambiar as cousas.

Porque non é só o que facemos… é con quen o compartimos.

E cando iso pasa, todo cobra máis sentido.
Nótase. Séntese. E sorrímos 😊

📢 Unha lei importante… que non pode quedar a mediasA Economía Social está a piques de dar un paso clave. Falamos dun mod...
08/04/2026

📢 Unha lei importante… que non pode quedar a medias

A Economía Social está a piques de dar un paso clave. Falamos dun modelo que xera máis do 11% do PIB, sostén millóns de empregos e demostra cada día que outra forma de facer empresa é posible.

Pero… chega con aprobar unha lei? 🤔

Neste artigo explícase por que non abonda con calquera norma: o risco de quedar nunha lei “de mínimos”, as necesidades reais das cooperativas e a importancia de que o texto final estea á altura do que o sector leva anos reclamando.

👉 Unha lectura rápida (2 minutos) que invita a reflexionar sobre o futuro da Economía Social 🔗 https://f.mtr.cool/eduwaptqhv

Non se trata só de aprobar unha lei, senón de facer que realmente transforme.

Anímate a lelo e formar a túa propia opinión!

Opinión Una ley importante… que no puede quedarse a medias "Cuando se intenta meter todo en una única ley, el riesgo es evidente: que al final tengamos una norma demasiado general, demasiado de mínimos, que no responda de verdad a lo que necesitamos", explica Luis Miguel Jurado, presidente de l...

📍 Hoxe participamos en Santiago no encontro Facendo máis Rede 2026, unha xornada dirixida ás entidades socias da Rede Eu...
27/03/2026

📍 Hoxe participamos en Santiago no encontro Facendo máis Rede 2026, unha xornada dirixida ás entidades socias da Rede Eusumo para reforzar o traballo en rede, compartir iniciativas e seguir avanzando na cooperación dentro da Economía Social.

Foi unha oportunidade valiosa para intercambiar experiencias, crear sinerxías e continuar tecendo alianzas que impulsen proxectos con impacto no territorio 💜

No marco deste encontro presentamos o Medrando Xuntas, un programa que impulsa o liderado feminino na Economía Social galega, acompañando, conectando e fortalecendo ás mulleres que crean e transforman.

Medrando Xuntas xera espazos onde compartir experiencias, aprender xuntas e impulsar proxectos con impacto social e arraigo no territorio 💜

Porque cando medramos en colectivo, multiplícanse as oportunidades e constrúese un futuro máis sostible, inclusivo e colaborativo.

🔥 A túa idea pode ser moito máis ca unha idea.En Hub Olympe Emprende acompañámoste GRATIS para transformar a túa idea nu...
25/03/2026

🔥 A túa idea pode ser moito máis ca unha idea.

En Hub Olympe Emprende acompañámoste GRATIS para transformar a túa idea nun proxecto real e sostible.

💡 Modelo de negocio
📊 Viabilidade
🤝 Rede de apoio

🌱 O teu proxecto pode chegar máis lonxe do que imaxinas.

Súmate!

Somos unha comunidade onde as mulleres emprendedoras atopan todo o necesario para lanzar e/o consolidar iniciativas de economía social.

Tes unha idea que che ronda pola cabeza e non sabes por onde comezar? Queres emprender pero pensas que é demasiado compl...
24/03/2026

Tes unha idea que che ronda pola cabeza e non sabes por onde comezar? Queres emprender pero pensas que é demasiado complicado?

En Hub Olympe Emprende estamos aquí para acompañarte nese primeiro paso. Xuntas damos forma ao teu proxecto, aterrámolo e convertémolo en algo real, viable e con impacto.

💜 Ofrecémosche formación práctica
🤝 Acompañamento personalizado
🌱 Unha comunidade que, coma ti, quere emprender con valores

Se soñas con crear algo propio, en clave feminista e dentro da economía social, este é o teu espazo. Non tes que facelo soa.

🚀 É o momento de pasar da idea á acción.

Úneste? https://hubolympeemprende.coop/inicio.php

Somos unha comunidade onde as mulleres emprendedoras atopan todo o necesario para lanzar e/o consolidar iniciativas de economía social.

Dirección

Santiago De Compostela

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Martes 10:00 - 13:00
Miércoles 10:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Jueves 10:00 - 13:00
14:00 - 19:00
Viernes 10:00 - 13:00

Teléfono

+34636792073

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Abeluria Coop publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Abeluria Coop:

Atajos

Compartir

Categoría