Encomún Proxectos, S. Coop. Galega

Encomún Proxectos, S. Coop. Galega Consultoría e asesoramento integral de autónomos, cooperativas e outras sociedades.

Dirección

Santiago De Compostela

Teléfono

+34604036014

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Encomún Proxectos, S. Coop. Galega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Encomún Proxectos, S. Coop. Galega:

Compartir

Categoría

Quen somos?

Encomún Proxectos, S. Coop. Galega somos unha cooperativa de traballo asociado dedicada ao asesoramento integral de proxectos, especializada na economía social, atendendo fundamentalmente a cooperativas e asociacións.

Mediante a innovación, a formación e a consultoría tratamos de achegar novos enfoques e perspectivas, para pór en valor o capital humano e xestionar eficazmente os proxectos. A nosa actuación ten como meta a mellora persoal da nosa clientela e das súas persoas traballadoras e colaboradoras, tanto nos aspectos económicos como nos sociais.

Queremos ser un referente no asesoramento e xestión de calidade e converternos nun alicerce para os novos proxectos de emprendemento e autoemprego. Pretendemos, así mesmo, converternos nun aliado incondicional das persoas que confíen en nós para acompañalos no seu proxecto, comprometéndonos coa súa mellora e desenvolvemento.

Non temos présa, as persoas son a nosa prioridade e por iso traballamos en equipo, promovendo a cooperación como fórmula de desenvolvemento social.