17/11/2019
ANTICOAGULANTES ORAIS. CAROS PERO EFICACES
Nos derradeiros anos veñen comercializandose os anticoagulantes orais e anticoagulantes orais de ación directa (ACOD), comercialmente denominados Pradaxa, Xarelto, Eliquis e Lixiana, desplazando ao tradicional Sintrom máis a Warfarina. Na actualidade, os primeiros, xa constitúen máis dun 25% dos tratamentos anticoagulantes.
A sua principal limitación é básicamente económica: SON CAROS.
Os novos anticoagulantes son doados de administrar, xa que logo son estables e non precisan control nin dietas. Ademáis, compre decir que os seus resultados na eficacia antitrombótica e seguridade hemorráxica son tan bos na vida real como se esperaba dos estudos previos.
Por outra banda saber que xa hai antídoto específico que permita actuar frente a problemas hemorráxicos para o Dabigatran, para Xarelto, Eliquis e Edoxaban, existen pero ainda non estan dispoñibles.
Na parte negativa atopamos que na meirande parte dos individuos que sofre trombosis ou embolia, mesmo tomando o medicamento de forma correcta, é debido a que os seus niveis ó final do día e antes da seguinte dosis son máis baixos do debido. Isto non quer decir que haxa que facer un control permanente coma có Sintrom ou Warfarina xa que son estables, senón que non tódolos pacientes terán a misma dosis do fármaco coma na actualidade.
Conclusión, os novos anticoagulantes directos son un gran avance, pero compre seguir investigando xa que é posible que non teñan mesma eficacacia para todos os pacientes.