Oficina da Enerxía de Tameiga

Oficina da Enerxía de Tameiga Punto de información enerxético para a veciñanza de Tameiga

Mudámonos de páxina, pero seguimos preto! 🧳Agora que comezan as vacacións ☀️, decidimos levar todas as nosas novidades e...
03/07/2023

Mudámonos de páxina, pero seguimos preto! 🧳

Agora que comezan as vacacións ☀️, decidimos levar todas as nosas novidades e actualizacións a Tameiga As Pedriñas. Aquí atoparás información sobre todo o que rodea a CMVMC Tameiga.

Non te preocupes, estaremos tan preto como sempre. Vémonos por alí! 😉

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transf...
21/06/2023

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Desde a Oficina da Enerxía de Tameiga animamos a todo o mundo a que mellore a eficiencia enerxética no seu fogar. Deixámosvos a ligazón a esta axuda que permite realizar obras neste sentido:

VI406E - Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A plataforma Auga é Vida, organiza o día 11 de marzo unha charla coloquio para informar aos veciños dos danos e afección...
09/03/2023

A plataforma Auga é Vida, organiza o día 11 de marzo unha charla coloquio para informar aos veciños dos danos e afeccións aos recursos hídricos (pozos, mananciais) e ao patrimonio natural, ocasionado polo macro-proxecto, promovido polos intereses privados dunha empresa nos montes de Tameiga. Este monte abastece auga para 4.200 vivendas das parroquias de Petelos, Sanguiñeda e Tameiga.
A auga, como ben esencial, tense que preservar para garantir o seu futuro, protexer os espazos verdes onde se filtra para poder recargar os mananciais e pozos situados moitos metros abaixo. Os ciclos da auga son sensibles e fráxiles fronte as alteracións do seu entorno. A contaminación, o desenvolvemento, as estradas e os muros de formigón non contribúen a preservar a auga. Esta non ten prezo e os veciños despois de máis de 45 anos xestionando a auga sabemos do que falamos, nós decidimos onde e como queremos vivir.
Contaremos co apoio dun técnico especialista en medio ambiente, xeoloxía e recursos hídricos e cun xurista que explicará as deficiencias na tramitación, a falta de previsión e solucións e os prexuízos.
A lei dio moi claro, temos que preservar o benestar da poboación fronte os intereses privados.

03/02/2023
Bono Enerxía PEME - Subvencións para proxectos de mellora enerxética nas empresashttps://sede.xunta.gal/detalle-procedem...
25/01/2023

Bono Enerxía PEME - Subvencións para proxectos de mellora enerxética nas empresas
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN417Z&anno=2023&numpub=1&lang=gl

Proyectos subvencionables .

1. Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación:

a) Bono asesoramento enerxético:

Serán subvencionables:

i) Diagnósticos enerxéticos que inclúan inventario dos principais equipamentos consumidores do centro de traballo, análise de consumo, propostas de optimización do consumo enerxético e de mellora da contratación e facturación da enerxía que evalúe o custo e aforro económico derivado.

ii) Auditorías enerxéticas que, ademais do contido das diagnoses, deben completar a parte de análise de consumos con medicións (análise de combustión de caldeiras, medición consumo eléctrico dos principais equipamentos consumidores, análise termográfica das instalacións, medicións lumínicas,...) e na parte de proposta de mellora deben analizar actuacións de eficiencia enerxética, de implantación de enerxías renovables, de mellora da contratación e facturación da enerxía e implantación de sistemas de tele-xestión e automatización que permitan reducir o consumo enerxético.

b) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico. Só serán subvencionables toldos de cor branca e/ou negra e variantes destas cores). En ningún caso serán subvencionables os elementos que incorporen publicidade.

c) Bono iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.

d) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garanta unha subministración con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).

e) Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento, sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial, poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipamentos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipamento previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Deberá xustificarse a retirada do equipamento existente e a súa entrega a un xestor autorizado.

f) Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida refírese exclusivamente ás instalacións fixas, destinadas á climatización e/ou produción e consumo de auga quente sanitaria do establecemento; quedan fóra do seu ámbito os equipamentos móbiles e os non permanentes para a climatización de terrazas e outros espazos abertos ao público. Os novos equipamentos deberán ser de potencia térmica nominal superior a 5 kW e ter unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial, poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipamentos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipamento previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Tamén serán subvencionable a incorporación de recuperadores de calor, de sistemas de arrefriamento gratuíto, a mellora dos illamentos da instalación de climatización, sistemas de movemento de fluídos caloportadores e de regulación e control (sistemas de regulación en función de medicións de CO2 ou da temperatura exterior, billas economizadoras accionadas mediante infravermellos e outros).

g) Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente. No caso de sistemas de telemedida intelixentes que permiten monitorizar as instalacións e detectar consumos anómalos, consideraranse elixibles se incorporan algún tipo de actuador ou automatismo, por exemplo enviando alarmas que advirtan de situacións non desexadas. Se só miden e analizan non se consideran elixibles.

2. A mellora enerxética debe describirse axeitadamente na memoria técnica a que se fai referencia no artigo 10 destas bases reguladoras. Non se considerarán válidos os proxectos que non detallen axeitadamente os equipamentos que se pretende instalar e o fundamento da mellora enerxética en relación coa situación inicial.

3. Os proxectos que se presenten deberán ser técnica, xurídica, económica e financeiramente viables.

Se tes calquera dúbida, podes comentalas nesta mesma publicación, estaremos encantados de resolvelas e, deste xeito, máis personas poderán aprender, que é o noso obxectivo principal.
Tamén podes acudir á Oficina da Enerxía de xeito presencial para recibir asesoramento personalizado e para preguntar calquera dúbida. Para iso solicita cita previa no número de contacto 986 48 79 58 preguntando pola Oficina da Enerxía, estaremos encantadas de recibirte.

IN417Z - Subvencións para proxectos de mellora enerxética nas empresas - Programa Bono Enerxía Peme.

Bono Social Eléctrico - DESCONTO NA FACTURA ELÉCTRICADeixámosvos neste post información sobre estas axudas no pago da fa...
24/01/2023

Bono Social Eléctrico - DESCONTO NA FACTURA ELÉCTRICA

Deixámosvos neste post información sobre estas axudas no pago da factura eléctrica. Se tes algunha dúbida ou non estás segura de se podes beneficiarte, ponte en contacto con esta Oficina e te axudaremos no que poidamos!!

https://www.bonosocial.gob.es/

¿Cuáles son los requisitos para solicitarlo?

Tener contratado el precio voluntario para el pequeño consumidor (PVPC) en la vivienda habitual.
Cumplir con los requisitos personales, familiares y de renta establecidos.

1. Tener contratado el precio voluntario para el pequeño consumidor (PVPC)

El PVPC es el contrato eléctrico establecido por el Gobierno en el que lo pagado por la electricidad consumida es directamente el precio de la energía que resulta del mercado, más impuestos y peajes, sin incluir otros productos o servicios adicionales.
Sólo puede contratarse el PVPC si se tiene una potencia contratada igual o inferior a 10kW.
El PVPC se contrata con las comercializadoras de referencia.

Además de tener contratado el PVPC se debe cumplir con los siguientes requisitos personales, familiares y de renta.

Para ser consumidor vulnerable (25% de descuento – excepcionalmente y hasta el 31 de diciembre de 2023 el descuento es del 65%)
Para ser consumidor vulnerable severo (40% de descuento – excepcionalmente y hasta el 31 de diciembre de 2023 el descuento es del 80%)
Para ser consumidor en riesgo de exclusión social
Para ser consumidor vulnerable a causa del COVID-19
Para acogerse al bono social de justicia energética (hasta el 31 de diciembre de 2023. Descuento del 40%)

1. Consumidor Vulnerable (25% de descuento – excepcionalmente y hasta el 31 de diciembre de 2023 el descuento es del 65%)

Se debe cumplir alguno de los siguientes requisitos:

Que su renta o la renta conjunta anual de la unidad de convivencia a que pertenezca sea ≤ 1,5 x IPREM de 14 pagas. Cuando la unidad de convivencia esté formada por más de una persona, el multiplicador de renta respecto al índice IPREM de 14 pagas se incrementará en 0,3 por cada miembro adicional mayor de edad que conforme la unidad de convivencia y 0,5 por cada menor de edad de la unidad de convivencia.
O bien, que se esté en posesión del título de familia numerosa.
O bien que el consumidor o todos los miembros que tienen ingresos en la unidad de convivencia sean pensionistas del Sistema de la Seguridad Social (jubilación o incapacidad permanente), percibiendo por ello la cuantía mínima vigente en cada momento, para dichas clases de pensión, y no percibir otros ingresos cuya cuantía agregada anual supere los 500 euros.
O bien que el consumidor o algún miembro de su unidad de convivencia sea beneficiario del Ingreso Mínimo Vital conforme a lo establecido en la Ley 19/2021, de 20 de diciembre, por la que se establece el ingreso mínimo vital.

Información sobre el bono social de electricidad, los requisitos necesarios para solicitarlo y cómo solicitarlo

INFORMACIÓN DE LIÑAS DE AXUDAA Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de varias liñas de axudas/subvencións relacionada...
18/01/2023

INFORMACIÓN DE LIÑAS DE AXUDA

A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de varias liñas de axudas/subvencións relacionadas coa eficiencia enerxética:

- IN421P - Ayudas para proyectos de biomasa destinadas a particulares. Esta liña de axudas ábrese o día 1 de marzo de 2023. É moi interesante se estades pensando en substituír as vosas caldeiras de gas-gasoil por caldeiras de leña/biomasa. Para máis información deixámosvos a seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN421P&anno=2023&numpub=1&lang=gl

- MT402A - Programa de ayudas para actuaciones de corrección de impactos paisajísticos destinadas a particulares. Esta liña de axudas inclúen as seguintes actuacións:
a) Actuaciones de restauración y/o revestimiento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación y/o sustitución del acabado exterior de cubiertas.
c) Recuperación, restauración y/o revestimiento de muros de cierre de terrenos.
Para máis información deixámosvos a seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT402A&anno=2023&numpub=1&lang=gl

IN421P - Axudas para proxectos de biomasa destinadas a particulares.

𝗖𝗮𝘀𝗼 𝗿𝗲𝗮𝗹: 𝟱𝟬% 𝗱𝗲 𝗮𝗳𝗼𝗿𝗿𝗼 𝗻𝗼 𝗽𝗿𝗲𝘇𝗼 𝗱𝗼 𝗸𝗪𝗵 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗼𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝘀𝗲𝘀𝗼𝗿𝗮𝗿𝘀𝗲 𝗻𝗮 𝗢𝗳𝗶𝗰𝗶𝗻𝗮 𝗱𝗮 𝗘𝗻𝗲𝗿𝘅𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗧𝗮𝗺𝗲𝗶𝗴𝗮Sabes canto pagas pola en...
27/12/2022

𝗖𝗮𝘀𝗼 𝗿𝗲𝗮𝗹: 𝟱𝟬% 𝗱𝗲 𝗮𝗳𝗼𝗿𝗿𝗼 𝗻𝗼 𝗽𝗿𝗲𝘇𝗼 𝗱𝗼 𝗸𝗪𝗵 𝗱𝗲𝘀𝗽𝗼𝗶𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝘀𝗲𝘀𝗼𝗿𝗮𝗿𝘀𝗲 𝗻𝗮 𝗢𝗳𝗶𝗰𝗶𝗻𝗮 𝗱𝗮 𝗘𝗻𝗲𝗿𝘅𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗧𝗮𝗺𝗲𝗶𝗴𝗮

Sabes canto pagas pola enerxía consumida? Sabes se o prezo está ben ou é abusivo? Na Oficina da Enerxía de Tameiga podémoste contestar a estas preguntas, e hoxe traemos un exemplo real para amosar o que pode que algunha de vós esté a vivir.

Un veciño chamou á oficina para solicitar asesoramento na súa factura, por se había algo que se puidese mellorar, descoñecendo totalmente o prezo medio do kWh e o tipo de contrato que tiña, situación na que vive a gran maioría da veciñanza, sendo un dos motivos polo que se abriu este espazo na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga.

Despois de revisar unha factura enviada por el (Imaxe 1 nesta publicación), a nosa sorpresa foi o prezo abusivo que se lle estaba a aplicar: 0,33 €/kWh sen impostos!!! Unha barbaridade!!! E el sen sabelo por puro descoñecemento e por falta de tempo para entender a factura.

Usando un comparador de tarifas atopamos varias opcións que melloraban con creces o prezo actual, así que se lle pasou esta información ao noso veciño e éste decidiu quedarse na mesma compañía pero cambiando o tipo de tarifa, conseguindo aforrar a metade!! Pasou de pagar 0,335019 €/kWh (sen impostos) a pagar 0,167797 €/kWh (sen impostos), como se amosa na segunda imaxe.

Este é un exemplo do que se pode conseguir grazas ao servizo ofrecido pola nosa Comunidade de Montes que, sen ánimo de lucro, ofrece axuda e asesoramento a calquera veciña ou veciño de Tameiga. Por iso animámosvos a acudir á nosa Oficina da Enerxía cunha factura e comprobar se a empresa comercializadora que tedes contratada está a ofrecer unha tarifa adecuada ou se, pola contra, están a cobrar un prezo abusivo.

Debemos axudarnos entre todas a superar estes momentos convulsos enerxéticamente falando, a unión fai a forza, e por iso lembramos que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga somos todas e todos os que habitamos nesta parroquia, e que estamos para axudarnos mutuamente.

Se tes calquera dúbida, podes comentalas nesta mesma publicación, estaremos encantados de resolvelas e, deste xeito, máis personas poderán aprender, que é o noso obxectivo principal.

Tamén podes acudir á Oficina da Enerxía de xeito presencial para recibir asesoramento personalizado e para preguntar calquera dúbida. Para iso solicita cita previa no número de contacto 986 48 79 58 preguntando pola Oficina da Enerxía, estaremos encantadas de recibirte.

⚡️Tarifa PVPC ⚡️(Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor) – ⚡️Mercado Regulado⚡️Hoxe, imos falar sobre este tipo de t...
14/12/2022

⚡️Tarifa PVPC ⚡️(Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor) – ⚡️Mercado Regulado⚡️

Hoxe, imos falar sobre este tipo de tarifa por ser unha das máis contratadas e coa que hai que ter en conta algúns conceptos clave para non levar sorpresas a fin de mes:

- Pódeselle chamar das dúas formas: “Tarifa PVPC”, ou “Tarifa do Mercado Regulado”.

- Esta tarifa ten un prezo diferente cada hora. Para coñecelo, recoméndase descargar a aplicación “Ahorra en Luz”, dispoñíbel na app store de Google (https://play.google.com/store/apps/details?id=com.simple4droid.ahorraluz). En próximas publicacións falaremos un pouco máis desa app.

- O prezo horario depende da orixe da enerxía xerada para satisfacer a demanda enerxética do país. En próximas publicacións desgranaremos este tema.

- Esta tarifa é moi susceptible aos cambios nos prezos do gas ou no uso das renovables.

- Esta tarifa é obrigatoria se tes o Bono Social ou se vendes os teus excedentes fotovoltaicos (autoconsumo individual/colectivo con excendetes suxeito a compensación).

- Nesta tarifa non se pode ver, de maneira directa, o prezo do kWh. Para sabelo, debemos dividir o “Coste de la energía” (neste exemplo: 10,85 €), entre os kWh consumidos ese mes (neste exemplo: 316 kWh), obtendo o resultado en €/kWh (neste exemplo: 0,2358 €/kWh). Anímovos a buscar estes datos na factura que teñades. No exemplo móstrase unha factura tipo da Comercializadora Regulada, Gas & Power, S.A., máis coñecida como Naturgy, antiga Fenosa.

Se tes calquera dúbida, podes comentalas nesta mesma publicación, estaremos encantados de resolvelas e, deste xeito, máis personas poderán aprender, que é o noso obxectivo principal.

Tamén podes acudir á Oficina da Enerxía de xeito presencial para recibir asesoramento personalizado e para preguntar calquera dúbida. Para iso solicita cita previa no número de contacto 986 48 79 58 preguntando pola Oficina da Enerxía, estaremos encantadas de recibirte.

OFICINA DA ENERXÍAPunto de información enerxético para a veciñanza de TameigaQué é?A OFICINA DA ENERXÍA plantéxase coma ...
09/12/2022

OFICINA DA ENERXÍA
Punto de información enerxético para a veciñanza de Tameiga

Qué é?

A OFICINA DA ENERXÍA plantéxase coma un espazo de información e formación sobre a enerxía e o cambio climático na parroquia de Tameiga. Será un lugar onde se proporcionará un asesoramento personalizado ás veciñas e veciños de Tameiga sobre o uso cotiá da enerxía: coñecementos para analizar a factura da luz, consellos para aforrar en casa, información para a instalación de enerxías renovables, axudas, Comunidade Enerxética de Tameiga, e calquer asunto relacionado coa enerxía eléctrica ou térmica.

Cómo e cándo acudir?

A Oficina da Enerxía vaise situar nas instalacións do Centro Cultural de As Pedriñas.
Poderá acudir calquera veciña ou veciño de Tameiga.
Será necesaria CITA PREVIA, e se pode solicitar no número de teléfono da CMVMC de Tameiga: 986 48 79 58.
O horario será os martes de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30. Pódese consultar a dispoñibilidade doutras datas no momento de solicitar a cita.

Obxectivo

Asesorar e orientar a toda persoa residente en Tameiga sobre aspectos relacionados coa enerxía consumida nos seus fogares, sexa eléctrica ou térmica.
• Factura eléctrica (entender a facturación, tarifas, mercado eléctrico, etc.)
• Redución da factura (consumo adaptado á tarifa, potencia contratada, etc.)
• Autoconsumo (posibilidades, inversións, amortizacións, etc)
• Axudas (bono social eléctrico, térmico, subvencións, etc.)
• Comparativa e busca de mellores tarifas eléctricas
• Preguntas, dúbidas ou suxestións.

Qué se precisa para acudir?

Ter cita previa solicitada e achegar toda a información posible (facturas eléctricas anteriores, ofertas comerciais, etc).

Quén vai asesorar?

O noso compañeiro Bruno Dutto Acuña, Graduado en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, será o encargado de atender a toda a veciñanza que se achegue ata a Oficina da Enerxía.

Dirección

Avenida Do Rebullón
Tameiga
36416

Horario de Apertura

Lunes 12:00 - 20:00
Martes 11:00 - 19:00
Miércoles 11:00 - 19:00
Jueves 11:00 - 19:00
Viernes 11:00 - 18:00

Teléfono

+34986487958

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Oficina da Enerxía de Tameiga publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría