26/10/2026
Celebramos o Día Mundial do Enoturismo no Pazo de Lis!
Este ano sumámonos á celebración cunha programación especial arredor do viño e do noso territorio.
▪️Mércores 28 de outubro | 11:00 h
Apertura da exposición fotográfica «Enoturismo en Paco & Lola», de Óscar Viñer, acompañada dunha cata de Paco & Lola.
Ademais, o Concello de Meaño organiza un coloquio para poñer en valor a figura da muller rural, o seu papel na nosa sociedade e a súa contribución ao noso territorio, seguido dunha cata de Paco & Lola.
▪️Domingo 8 de novembro | 12:00 h
Cata especial de Paco & Lola para celebrar o Día Mundial do Enoturismo.
📍 Pazo de Lis, Meaño
✨ Actividades gratuítas con aforo limitado.
📩 Reservas para as catas:
[email protected]
📞 670 487 777
Agardámosvos! 💙
Ruta do Viño Rías Baixas Concello de Meaño