25/07/2022
💙 Hoxe celebramos o .
Dende A Guarda ata Ribadeo e dende Pena Trevinca a Fisterra, os que habitamos esta terra de “enerxía colectiva que nunca esmorece” (Castelao) celebramos, como cada 25 de xullo, os éxitos acadados como país, mais tamén reflexionamos sobre o noso futuro.
Porque en Inova cremos que queda moito que facer.
Soñamos cunha na que a Innovación e o Emprendemento sexan a norma e non a excepción.
Unha terra na que o coñecemento e as novas tecnoloxías aplicadas a un tecido produtivo diversificado fixen poboación e garantan unha calidade de vida digna para todas e todos.
Un país respectuoso coa súa riqueza natural e onde a sustentabilidade e o compromiso irrenunciable co planeta sexan algo máis que un slogan pasaxeiro.
Unha Galicia de seu, pero con vocación universal.
Feliz Día de Galicia.