04/11/2026
🌿 A túa experiencia conta. Compartímola?
Se es muller e tes unha iniciativa económica en marcha desde hai polo menos dous anos no rural ou periurbano galego, esta convocatoria pode ser para ti.
Enredadas no Cambio, de Taller de Solidaridad, convida a emprendedoras de Galicia a construír unha cartografía sonora do emprendemento feminista xunto a mulleres de Perú, Bolivia, Guatemala e Nicaragua.
Unha oportunidade para compartir experiencias, dar a coñecer a túa iniciativa e facer visibles outras formas de emprender que poñen a vida, os coidados e o territorio no centro.
🤝 Participación gratuíta e voluntaria. Ti escolles como participar: investigación, intercambios con outras emprendedoras, encontros ou relatos sonoros. Non é necesario participar en todas as actividades nin gravar a túa voz.
📅 Inscríbete ata o 13 de novembro de 2026.
💬 Entre o 23 de novembro e o 4 de decembro, o equipo contactará contigo para unha primeira conversa.
👉 Información e inscrición: https://forms.gle/Zmccu3DF7JAPwsXw6
Coñeces unha emprendedora á que lle poida interesar? Comparte esta oportunidade con ela.