01/10/2026
👵👴 DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES
“Xubilámonos do traballo, pero non da vida.”
Facerse maior non significa deixar de ser quen somos.
Porque as persoas maiores seguen tendo gustos, costumes, intereses, opinións, ilusións e ganas de vivir. 🎶🌿☕🎨
Co paso dos anos cambian algunhas cousas, pero hai algo que permanece: a esencia de cada persoa.
Porque ter máis anos non significa renunciar ao que nos gusta, ao que pensamos nin ao que nos fai felices. Significa seguir sumando experiencias, aprendendo, compartindo e gozando de cada etapa.
💛 A idade non define os nosos gustos, as nosas ideas nin os nosos soños.
Hoxe celebramos ás persoas maiores, a súa historia, a súa personalidade e, sobre todo, as súas ganas de seguir vivindo plenamente.
✨ Porque nos xubilamos do traballo, pero nunca da vida.