Carballiño CCA

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Carballiño CCA Páxina de dinamización do "Carballiño Centro Comercial Aberto", onde publicaremos as novas da asociación

CARBALLIÑO CCA, PRESENTE NA INNOVACIÓN E NO RECOÑECEMENTO DO COMERCIO GALEGOOnte, Carballiño CCA estivo presente en dúas...
28/10/2026

CARBALLIÑO CCA, PRESENTE NA INNOVACIÓN E NO RECOÑECEMENTO DO COMERCIO GALEGO

Onte, Carballiño CCA estivo presente en dúas citas importantes para o futuro do comercio de proximidade.

🖥️ A nosa xerente, Noelia Mares, asistiu en Expourense á xornada Intelixencia artificial orientada ao comercio e aos centros comerciais, impulsada pola Xunta de Galicia no marco do proxecto transfronteirizo . Unha oportunidade para coñecer novas ferramentas e posibilidades que axuden aos nosos negocios a avanzar na dixitalización e mellorar a súa competitividade.

🏆 O noso presidente, Julián Garriga, asistiu á gala dos Premios Comercio Galego 2026, un encontro para recoñecer o traballo, o compromiso e as boas prácticas dos profesionais e negocios que fan medrar o comercio en Galicia.

👏 Desde Carballiño CCA queremos felicitar a todas as persoas, empresas e entidades premiadas polo seu labor e contribución ao fortalecemento do comercio galego.

Seguimos traballando pola modernización, a innovación e a defensa do comercio de proximidade, porque apoiar o comercio local é apostar polo futuro das nosas vilas.

Comercio galego ComercioLocal IntelixenciaArtificial XuntaDeGalicia

27/10/2026
22/10/2026
🤩 MERCA EN CARBALLIÑO E CONSIGUE A TÚA ENTRADA PARA FUNTASTIK!Este outubro temos un plan FUNTASTIK preparado para ti e p...
01/10/2026

🤩 MERCA EN CARBALLIÑO E CONSIGUE A TÚA ENTRADA PARA FUNTASTIK!

Este outubro temos un plan FUNTASTIK preparado para ti e para desfrutar en familia! 🌀🎉

En Carballiño CCA temos 125 entradas para vivir esta divertida experiencia… e conseguir a túa é moi sinxelo. 🙌

🛍️ Fai unha compra nos comercios asociados a Carballiño CCA.

📲 Despois, rexistra a túa compra a través do código QR que atoparás nesta publicación ou entrando en comerciocarballino.com.

🎟️ E xa estarás participando para conseguir unha das 125 entradas dispoñibles!

👉 Lembra gardar o teu ticket de compra, xa que será necesario para validar a participación.

Porque cando mercas no comercio local, ademais de apoiar aos nosos negocios, tamén podes levarte plans para desfrutar cos que máis queres. ❤️

✨ Merca en Carballiño. Rexistra a túa compra. E vive FUNTASTIK!

OCarballiño

30/09/2026

💔 Hoxe lemos estas palabras con esa mestura de tristeza e cariño que producen as despedidas.

Desde Carballiño CCA, pero sobre todo como compañeiros de camiño, queremos dicirche grazas, Teté.

Foron 9 anos detrás dun mostrador, de traballo, ilusión, esforzo, momentos bos e tamén momentos difíciles. 9 anos formando parte do noso comercio, das nosas rúas e da vida de moitas persoas que, como ti mesma dis, acabaron sendo moito máis que clientes.

Sabemos que pechar unha porta nunca é fácil, pero tamén sabemos que detrás desa porta quedan moitos recordos, moito cariño e unha historia da que sentir orgullo. ❤️

Aínda quedan uns días para pasar por Teté Closet e acompañarte nesta última etapa de liquidación. Así que, compañeiros e amigos, aproveitemos estes últimos días para achegarnos, despedirnos e agradecerche todo o compartido.

E cando chegue o momento de baixar a persiana, non será un adeus, senón un ata sempre. 🫶

Moita sorte no que está por vir, Teté. Aquí deixas compañeiros, amigos e unha parte da historia do comercio do Carballiño. ❤️

19/09/2026

ESTAMOS DE CUMPLE y llegamos a los 40!!😉🥳😍😊Gracias a tod@s vosotros por contar siempre con EspaQuarz
Y para celebrarlo!!! Hoy por la compra de dos piezas un 40% de descuento en la de menos valor. (Queda excluido el de oro)
Tambien un cambio de pila gratis y…

14/09/2026

Dirección

Carlos Velo 2
Carballino
32500

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Carballiño CCA publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Carballiño CCA:

Atajos

Compartir

Empresas cercanos