07/07/2026
Moitas grazas ao alcalde, Roberto Carrero, e ao Concello da Guarda pola visita e pola acollida. Afrontamos esta nova etapa con ilusión e co compromiso de ofrecer un servizo próximo e de confianza a empresas, autónomos e particulares.
Seguimos medrando! 💙
𝗦𝗘𝗥𝗙𝗜𝗦 𝗔𝗦𝗘𝗦𝗢𝗥𝗘𝗦 | 🔵 O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción local visitando os novos proxectos empresariais e profesionais que escollen A Guarda para desenvolver a súa actividade, contribuíndo así ao dinamismo económico e á creación de novas oportunidades no municipio.
📄 Nesta ocasión coñeceu a nova sucursal de Serfis Asesores, asesoría fiscal, laboral e contable dirixida por Miguel Domínguez, profesional con máis de 26 anos de experiencia no sector, que decidiu ampliar a súa actividade coa apertura dunha sucursal na Guarda.
🗣️ “A Guarda reúne todos os ingredientes para seguir crecendo: un importante tecido empresarial, unha localización estratéxica e un gran potencial económico. A evolución que está a experimentar o municipio e as oportunidades que ofrece foron determinantes para que Serfis Asesores aposte por este novo proxecto e continúe a súa expansión”, destaca Miguel Domínguez.
👏 Dende o Concello agradecemos a confianza de empresas como Serfis Asesores, que deciden investir e crecer na Guarda, contribuíndo a fortalecer o tecido económico local e a consolidar o municipio como un lugar atractivo para emprender, investir e xerar oportunidades.