INAE. Asesores empresariales, SL

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

INAE. Asesores empresariales, SL Asesores de empresas y particulares en fiscal, contabilidad, laboral y seguridad social.

29/10/2026

🌾🚜 NOVAS AXUDAS PARA AGRICULTORES E GANDEIROS EN GALICIA

📢 A Xunta de Galicia publicou hoxe, 29 de outubro, unha nova liña de axudas extraordinarias para compensar o encarecemento dos fertilizantes e do gasóleo agrícola durante 2026.

💶 CANTO SE PODE COBRAR?

✅ 55,32 €/ha de secaño.

✅ 145,51 €/ha de regadío.

✅ Complemento de 12 €/ha polo gasóleo agrícola.

➡️ Axuda máxima: 6.010 € por beneficiario.

⚠️ MOI IMPORTANTE: os pastos temporais e permanentes quedan excluídos do cálculo da axuda.

👩‍🌾 QUEN PODE BENEFICIARSE?

Titulares de explotacións agrarias que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, entre eles a presentación da PAC 2026, a actividade agraria efectiva e, segundo o tipo de beneficiario, determinadas condicións de alta na Seguridade Social e ingresos agrarios.

📅 PRAZO: DO 30 DE OUTUBRO AO 12 DE NOVEMBRO DE 2026.

‼️ A AXUDA NON SE COBRA AUTOMATICAMENTE.

É necesario presentar a comunicación de aceptación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

📌 Procedemento: MR243A.

Recoméndase conservar as facturas de fertilizantes e gasóleo agrícola para posibles comprobacións.

27/10/2026

🌾 Es agricultor ou gandeiro e tributas por módulos? Isto interésache.

O Ministerio de Facenda propón estas reducións para o IRPF de 2026:

✅ Gasóleo agrícola: restar do rendemento neto previo o 35 % do prezo de adquisición.

✅ Fertilizantes: restar do rendemento neto previo o 15 % do prezo de adquisición.

✅ Redución xeral: elevar do 5 % ao 10 % a redución sobre o rendemento neto de módulos das actividades agrícolas, gandeiras e forestais.

🧾 Pide e conserva as facturas completas cos teus datos fiscais. Para as reducións por gasóleo e fertilizantes, as compras deben ser necesarias para a actividade e realizarse en 2026, con facturas emitidas tamén nese ano. Non abonda cun tique.

📌 Estas porcentaxes reducen o rendemento polo que tributas: non significan que Facenda che devolva esas porcentaxes do gasto.

⚠️ Aínda é unha proposta, pendente de aprobación e publicación no BOE. O texto pode cambiar. Aínda que figura no proxecto de módulos para 2027, estas medidas excepcionais están previstas para o exercicio 2026.

En INAE Asesores Empresariales, S.L.U. seguiremos a tramitación para informarvos cando se confirme a súa aplicación.

🔎 Fonte: Ministerio de Facenda. Disposición adicional cuarta do proxecto de orde de módulos para 2027.

📢 NOVA NORMA LABORAL PARA AS EMPRESASHoxe publícase no BOE o Real Decreto 723/2026, que introduce novos requisitos sobre...
15/09/2026

📢 NOVA NORMA LABORAL PARA AS EMPRESAS

Hoxe publícase no BOE o Real Decreto 723/2026, que introduce novos requisitos sobre a información que as empresas deben facilitar ás persoas traballadoras respecto das súas condicións de traballo.

A nova regulación amplía e concreta a información que deberá facilitarse por escrito, especialmente en cuestións como a xornada e a súa distribución, o período de proba, a formación ou determinados sistemas de organización e toma de decisións que poidan afectar ás condicións de traballo.

📌 Nas novas relacións laborais, cando esta información non figure xa no contrato escrito, deberá facilitarse nos termos establecidos pola nova norma.

👥 E que pasa cos contratos que xa están en vigor?

Importante: isto non significa que as empresas teñan que entregar agora automaticamente un novo documento a todas as persoas traballadoras.

Para as relacións laborais que xa estean vixentes cando entre en vigor a norma, a información deberá facilitarse cando a persoa traballadora a solicite, nos termos previstos no Real Decreto.

📅 A norma non entra en vigor hoxe. Entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no BOE.

Ademais, o SEPE deberá poñer a disposición un modelo de documento informativo para facilitar o cumprimento destas obrigas.

💡 Un cambio importante que fará recomendable revisar a documentación utilizada nas novas contratacións e a información que se entrega ás persoas traballadoras.

🟦 NOVIDADE EN XUBILACIÓN: CAMBIA A XUBILACIÓN FLEXIBLEDesde hoxe, 28 de agosto de 2026, entra en vigor a nova regulación...
28/08/2026

🟦 NOVIDADE EN XUBILACIÓN: CAMBIA A XUBILACIÓN FLEXIBLE

Desde hoxe, 28 de agosto de 2026, entra en vigor a nova regulación da xubilación flexible, introducida polo Real Decreto 416/2026, de 27 de maio.

Esta modalidade permite que unha persoa que xa é pensionista de xubilación poida compatibilizar parte da súa pensión coa realización dun traballo, baixo determinados requisitos e condicións.

🔹 A principal novidade é a incorporación do traballo por conta propia.

A partir de agora, a xubilación flexible tamén poderá compatibilizarse cunha actividade por conta propia, sempre que a persoa pensionista non estivese de alta como traballadora por conta propia nos tres anos inmediatamente anteriores á data do feito causante da súa pensión de xubilación.

Neste caso, mentres desenvolva a actividade, percibirá o 25 % da pensión de xubilación que lle corresponda, coas particularidades previstas na norma.

🔹 Tamén cambia a compatibilidade co traballo por conta allea.

A xornada a tempo parcial poderá estar comprendida entre o 33 % e o 80 % da xornada dunha persoa traballadora a tempo completo comparable, reducíndose a pensión en proporción inversa á redución da xornada.

Ademais, cando se cumpran determinados requisitos e o primeiro acceso á xubilación flexible se produza transcorridos polo menos seis meses desde o feito causante da pensión, a porcentaxe de pensión compatible poderá incrementarse nun 15 % ou nun 25 %, en función da xornada realizada.

⚠️ Hai un aspecto especialmente importante: o inicio do traballo por conta allea ou da actividade por conta propia debe comunicarse previamente á entidade xestora da pensión.

Tamén deberán comunicarse as modificacións da xornada e o cesamento. O incumprimento desta obriga pode dar lugar ao reintegro das cantidades indebidamente percibidas, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

Unha vez finalizado o traballo ou a actividade, restablécese o percibo íntegro da pensión, con efectos desde o primeiro día do mes seguinte ao do cesamento.

📌 Importante: non estamos ante unha compatibilidade automática aplicable a calquera persoa xubilada. A situación concreta de cada pensionista debe revisarse antes de iniciar unha actividade, xa que existen requisitos, incompatibilidades e particularidades segundo o tipo de xubilación e a situación da persoa interesada.

Real Decreto 416/2026, de 27 de maio, polo que se desenvolve o réxime xurídico da xubilación flexible e se modifican outras normas en materia de compatibilidade da pensión de xubilación co traballo.

24/08/2026

👨‍👩‍👧‍👦 DEREITOS QUE ÁS VECES DESCOÑECEMOS

Se deixas temporalmente o traballo para coidar dun familiar, que pasa coa túa cotización?

Conciliar o traballo co coidado da familia non sempre é doado e, en determinadas circunstancias, pode ser necesario solicitar unha excedencia.

O que moitas persoas descoñecen é que a Seguridade Social ofrece protección durante parte destes períodos.

📌 Nos supostos previstos legalmente, os tres primeiros anos de excedencia por coidado dun fillo ou doutro familiar poden considerarse como período de cotización efectiva para determinadas prestacións da Seguridade Social.

Isto pode ter efectos importantes á hora de acceder, entre outras, á xubilación, incapacidade permanente ou prestacións por morte e supervivencia.

⚠️ Non significa que calquera persoa que deixe de traballar para coidar dun familiar vaia sumar automaticamente tres anos de cotización. É necesario que exista a excedencia laboral e que se cumpran os requisitos establecidos para cada suposto.

Un dereito que non é novo, pero que segue sendo descoñecido para moitas persoas.

💡 Coñecer os nosos dereitos tamén nos axuda a tomar mellores decisións sobre a nosa vida laboral.

📊 A contabilidade non é só unha obriga fiscal. É unha ferramenta para coñecer mellor o teu negocio.Ter a contabilidade a...
19/08/2026

📊 A contabilidade non é só unha obriga fiscal. É unha ferramenta para coñecer mellor o teu negocio.

Ter a contabilidade actualizada permítenos saber como evoluciona realmente unha empresa: canto ingresa, como se comportan os gastos, que marxe está obtendo ou se poden aparecer necesidades de tesourería.

Pero, sobre todo, permite tomar decisións con información: valorar un investimento, controlar custos, anticiparse a dificultades ou planificar os próximos meses.

Por iso, non deberiamos mirar a contabilidade unicamente cando chega o momento de presentar impostos.

💡 Coñecer os números do teu negocio é tamén coñecer a saúde da túa empresa.

📢 Sabías que un Graduado Social tamén pode realizar numerosas xestións ante a DXT?Esta é a primeira dunha serie de publi...
03/08/2026

📢 Sabías que un Graduado Social tamén pode realizar numerosas xestións ante a DXT?

Esta é a primeira dunha serie de publicacións nas que iremos descubrindo servizos que moitas persoas descoñecen.

28/07/2026

⚠️ AXUDAS POR REDUCIÓN DE XORNADA PARA O COIDADO DE FILLOS/AS

A Xunta de Galicia convocou as axudas SI440A 2026, destinadas a compensar parcialmente a perda de ingresos das persoas traballadoras por conta allea que reducisen a súa xornada para coidar fillos ou fillas.

✅ Quen pode solicitalas?

* En parellas de distinto s**o, o pai que reducise a xornada.
* En parellas do mesmo s**o, calquera das persoas proxenitoras.
* En familias monoparentais, a persoa responsable da unidade familiar.
* En custodia compartida, calquera das persoas proxenitoras.

👶 A redución debe ser para coidar:

* Un fillo ou filla menor de 3 anos.
* Un menor de 12 anos cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
* Menores de 12 anos en determinados casos de adopción ou acollemento.

📅 Son subvencionables as reducións realizadas entre o 1 de agosto de 2025 e o 31 de xullo de 2026, cunha redución mínima do 12,5 %.

💶 Axudas de entre 1.700 e 3.700 euros, segundo a porcentaxe de redución, a duración e o número de fillos/as menores de 12 anos.

📆 Prazo de solicitude: ata o 24 de agosto de 2026.

A solicitude tramítase electronicamente mediante o procedemento SI440A e concédese por puntuación, non por orde de presentación.

📞 Se cres que podes cumprir os requisitos, contacta connosco e estudaremos o teu caso.

⚠️ Campaña de control sobre as bonificacións da formación de 2023A Inspección de Traballo iniciou unha campaña de contro...
28/07/2026

⚠️ Campaña de control sobre as bonificacións da formación de 2023

A Inspección de Traballo iniciou unha campaña de control das bonificacións aplicadas polas empresas no ano 2023, unha vez que o SEPE determinou, nalgúns casos, o carácter indebido das mesmas.

📩 As empresas afectadas recibirán unha comunicación instando á devolución das cantidades correspondentes antes do 15 de setembro de 2026.

⏳ Finalizado ese prazo, poderán iniciarse as actuacións inspectoras previstas na normativa.

👉 Se a túa empresa recibe esta comunicación, recomendámosche poñerte en contacto coa entidade que xestionou a formación bonificada, para revisar o expediente e valorar os pasos a seguir.

07/04/2026

📢 Regularización das cotas do RETA na Renda 2025

Na actual campaña da renda incorpórase de forma expresa o tratamento fiscal da regularización das cotas do RETA derivada do novo sistema de cotización por ingresos reais.

📌 Criterio aplicable (fixado pola DGT):
A regularización das cotas imputarase no exercicio no que se produce, sen necesidade de modificar declaracións de anos anteriores.

💡 Efectos na declaración:

🔹 Se resulta un importe adicional a ingresar → terá a consideración de maior gasto deducible por cotizacións á Seguridade Social.

🔹 Se resulta un importe a devolver → suporá unha minoración do gasto deducible.

🔹 Se a devolución supera as cotas satisfeitas → o exceso deberá declararse como maior rendemento da actividade.

🆕 Novidade desta campaña:
A AEAT incorpora casillas específicas no modelo de renda para recoller estes axustes, facilitando a súa correcta declaración.

📊 Este criterio responde a que a regularización ten a consideración de feito novo, e non dun erro na determinación das cotas en exercicios anteriores.

Se es autónomo/a e recibiches comunicación da Seguridade Social sobre a regularización, é importante revisar o seu impacto na túa declaración.

📩 Para calquera dúbida ou revisión, estamos á túa disposición.

Dirección

Calle Wenceslao Calvo Garra, 9 Entreplanta Oficina 5-6
Lalín
36500

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34698188463

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando INAE. Asesores empresariales, SL publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a INAE. Asesores empresariales, SL:

Atajos

Compartir

Categoría

Empresas cercanos