Cca Morea

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Cca Morea La creación del Centro Comercial Abierto de Porriño "MOREA", es un plan de mejora de la competitiv

La creación del Centro Comercial Abierto de Porriño "MOREA", es un plan de mejora de la competitividad del conjunto del comercio, hostelaría y servicios que consiste, entre otros aspectos, en crear y mantener una imagen común, unos servicios conjuntos, un entorno más atractivo y una gestión unitaria, aunque que conservando siempre la independencia de los establecimientos de Porriño que participan.

29/10/2026

Recibimos no CCA Morea ACIPOR a visita do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, e do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén Castro.

Acompañáronos tamén Iván Iglesias Domínguez, presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo

Unha xornada para presentar os Bonos Activa Comercio 2026 e reforzar o apoio ao comercio de proximidade. 🛍️

Xunta de Galicia Comercio galego Federación de Comercio de Pontevedra e Concello do Porriño
Grazas pola visita e polo compromiso co comercio local. 💙


🛍️ Volven os Bonos Activa Comercio da Xunta de Galicia, cun novo orzamento de 2,5 M€!Desde o mércores 28 de outubro, ás ...
27/10/2026

🛍️ Volven os Bonos Activa Comercio da Xunta de Galicia, cun novo orzamento de 2,5 M€!

Desde o mércores 28 de outubro, ás 9.00 h, podedes descargar o voso bono en www.bonosactivacomercio.gal e usalo nos comercios adheridos mostrando o código QR.

💶 Canto podedes aforrar:
▪️ 5 € en compras de entre 20 e 30 €
▪️ 10 € en compras de entre 30 e 50 €
▪️ 15 € en compras de máis de 50 €
O bono é de ata 30 €, pero o desconto efectivo por compra é de 5, 10 ou 15 €.
⚠️ Cada persoa pode descargar un único bono.

🎁 Ademais, mercar no comercio galego ten premio: participa no sorteo de 4 bonos de 250 € para gastar nos establecementos adheridos.

Como se participa?
✔️ Dálle “gústame” á publicación do sorteo en Instagram () ou TikTok () que se publicará o mércores 28.
✔️ Ser seguidor de IG e/ou TikTok.
✔️ Menciona .
✔️ Indica o establecemento onde mercaches e a túa localidade.
✔️ Menciona unha persoa á que lle poida interesar o sorteo.

Cada compra no comercio de proximidade fai vila. 💙
Iniciativa da Xunta de Galicia · Xacobeo 2027

Xunta de Galicia Comercio galego


Mercar local é que te coiden, compra tras compra.É que alguén se preocupe por ti, non só polo que levas.Que te aconselle...
23/10/2026

Mercar local é que te coiden, compra tras compra.

É que alguén se preocupe por ti, non só polo que levas.
Que te aconselle con sinceridade, mesmo cando o mellor é esperar ou escoller outra cousa.
Que coñeza os teus gustos e os teña en conta sen que llelo teñas que recordar.

É que lle importe como che queda, como che funciona...
Que se alegre se che gustou e que o arranxe se non foi así.
Que marches contento para a casa.

Porque aquí a relación non remata no mostrador: é de longo prazo, e iso nótase en cada detalle.

📲 Na nosa web atoparás o listado de establecementos asociados para descubrir todo o que o comercio do Porriño ten para ofrecer.

👉 Link na bio.

Porque cando consumes local, apoias os negocios da túa vila e contribúes a manter vivo o comercio de proximidade. 💙

🎁💙 Tes que facer un agasallo e non sabes que escoller?Coas tarxetas regalo MOREA, regalas liberdade para elixir entre un...
20/10/2026

🎁💙 Tes que facer un agasallo e non sabes que escoller?

Coas tarxetas regalo MOREA, regalas liberdade para elixir entre unha gran variedade de produtos e servizos nos establecementos do Porriño. 🛍️✨

Moda, beleza, fogar e moito máis… Un só agasallo e milleiros de posibilidades para acertar, ao tempo que apoias o comercio local. 💙

💶 Dispoñibles en importes de 20 €, 30 € e 50 €.

📍 Podes conseguilas en:
🛒 Libraría Paz
🛒 Copi Rey

Regala ilusión, regala comercio local. 💝


Acción subvencionada pola Xunta de Galicia – Comercio Galego.

Comercio galego de Galicia


🎉 Grazas por facer posible o III Bingo Solidario! 🎉A vosa resposta foi incrible e encheunos de gratitude 💗. Grazas a cad...
19/10/2026

🎉 Grazas por facer posible o III Bingo Solidario! 🎉

A vosa resposta foi incrible e encheunos de gratitude 💗. Grazas a cada persoa, empresa e comercio que colaborou, participando e achegando o seu gran de area para que isto fose posible.

💫 3.348 grazas por apoiar a causa de AVEMPO , a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple, que acompaña ás persoas con esclerose múltiple e ás súas familias.

Este éxito é de todos vós. Xuntos demostramos, unha vez máis, que a solidariedade é unha das mellores calidades do comercio local.

Crc Do Porriño

Buscas plan para este sábado? Temos o plan perfecto… e ademais, solidario!Este 17 de outubro temos unha cita no III Bing...
15/10/2026

Buscas plan para este sábado? Temos o plan perfecto… e ademais, solidario!

Este 17 de outubro temos unha cita no III Bingo Solidario, unha noite para xogar, compartir, rir e colaborar por unha boa causa. 🙌

Nesta edición, todo o recadado irá destinado a AVEMPO Vigo, contribuíndo ao seu labor de apoio ás persoas afectadas pola esclerose múltiple.

📅 Sábado, 17 de outubro
🕘 Ás 21:00 h
📍 CRC do Porriño

Anímate a participar! Porque xuntos podemos facer moito máis.

Agardámoste! 🎉


🎁💙 Tes que facer un agasallo e non sabes que escoller?Coas tarxetas regalo MOREA, regalas liberdade para elixir entre un...
13/10/2026

🎁💙 Tes que facer un agasallo e non sabes que escoller?

Coas tarxetas regalo MOREA, regalas liberdade para elixir entre unha gran variedade de produtos e servizos nos establecementos do Porriño. 🛍️✨

Moda, beleza, fogar e moito máis… Un só agasallo e milleiros de posibilidades para acertar, ao tempo que apoias o comercio local. 💙

💶 Dispoñibles en importes de 20 €, 30 € e 50 €.

📍 Podes conseguilas en:
🛒 Libraría Paz
🛒 Copi Rey

Regala ilusión, regala comercio local. 💝


Acción subvencionada pola Xunta de Galicia – Comercio Galego.

Comercio galego


🧡🧡 III Bingo Solidario, favor de AVEMPO 📅 17 de outubro⌚ 21 h 📍 CRC do PorriñoUnha tarde para xogar, rir, compartir e pa...
09/10/2026

🧡🧡 III Bingo Solidario, favor de AVEMPO

📅 17 de outubro
⌚ 21 h
📍 CRC do Porriño

Unha tarde para xogar, rir, compartir e pasalo ben xuntos, e facelo ademais por unha boa causa. 🙌
Este ano, o recadado será destinado a AVEMPO Vigo, contribuíndo ao seu labor de apoio ás persoas afectadas pola esclerose múltiple.

🧡 Garda a data. Contamos contigo
O 17 de outubro vémonos no CRC do Porriño. Agardámoste!

Coñecer a realidade da esclerose múltiple, darlle visibilidade e apoiar a quen a vive tamén é unha forma de sumar.


Coñeces AVEMPO?En España, a esclerose múltiple afecta actualmente a máis de 58.000 persoas, das cales arredor de 4.500 r...
06/10/2026

Coñeces AVEMPO?

En España, a esclerose múltiple afecta actualmente a máis de 58.000 persoas, das cales arredor de 4.500 residen en Galicia. Trátase dunha enfermidade crónica do sistema nervioso central que pode manifestarse de formas moi diversas e cuxos síntomas, en moitos casos, son invisibles.

Neste contexto desenvolve o seu labor , unha entidade sen ánimo de lucro que este ano cumpre 30 anos de actividade. O seu obxectivo é axudar, acompañar e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola esclerose múltiple e do seu entorno.

Ao longo destes anos, AVEMPO foi creando unha atención integral desde unha perspectiva interdisciplinaria, con servizos como fisioterapia, logopedia, psicoloxía, terapia ocupacional, atención social e pilates.

Pero o seu labor vai máis alá da rehabilitación. A asociación tamén ofrece información, orientación e acompañamento, contribuíndo a favorecer a autonomía persoal, a inclusión social e o benestar das persoas afectadas e das súas familias.

Na actualidade, AVEMPO conta con preto de 600 socios e socias, dos cales 361 son persoas afectadas pola esclerose múltiple.

Este ano, o noso III Bingo Solidario terá unha finalidade moi especial: a recadación será destinada a AVEMPO, para contribuír ao labor que desenvolve cada día.

Lembra a data: 17 de outubro ás 21h!

Vémonos no .doporrino para compartir unha tarde especial, pasalo ben e, sobre todo, sumar por unha boa causa. 🙌

Agardámoste!

Coñecer a realidade da esclerose múltiple, darlle visibilidade e apoiar a quen a vive tamén é unha forma de sumar.


🍲 Apunta a data!O domingo 4 de outubro, os callos son os protagonistas no Porriño. 😋A hostaleira do Porriño énchese de s...
01/10/2026

🍲 Apunta a data!

O domingo 4 de outubro, os callos son os protagonistas no Porriño. 😋

A hostaleira do Porriño énchese de sabor para celebrar a ###III Festa dos Callos e poderás degustalos nos diferentes establecementos participantes, cada un coa súa propia preparación. Porque se hai algo mellor que uns bos callos… é poder probar diferentes versións! 😉

Scala
La Cueva O Porriño
AMAQUÍA panadería
Mesón Mondariz

📅 Domingo 4 de outubro
🍲 A partir das 12:00 h
📍 No Porriño

Xa sabedes… agardámosvos no Porriño para desfrutar dos callos e da nosa hostalería local!

Dirección

Praza Do Concello
Porriño
36400

Teléfono

+34986334000

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cca Morea publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Cca Morea:

Atajos

Compartir

Empresas cercanos