Museo da Ciencia do Viño

Llamar Cómo llegar Página web

Museo da Ciencia do Viño El Museo puede visitarse sin reserva de manera individual o en grupos inferiores a 15 personas.

Solo es necesaria la reserva previa para grupos de 15 personas o más.

🍂🍷 TES PLAN PARA ESTA FIN DE SEMANA? VÉMONOS NO MUSEO! 🍇Co outono chegan os días máis curtos, pero tamén novas oportunid...
02/11/2026

🍂🍷 TES PLAN PARA ESTA FIN DE SEMANA? VÉMONOS NO MUSEO! 🍇

Co outono chegan os días máis curtos, pero tamén novas oportunidades para descubrir lugares especiais. 🏰✨ Por iso, no Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea cambiamos o noso horario e... agora tamén abrimos os domingos! 🙌

📅 De xoves a domingo
🕚 De 11:00 a 14:00 h.
🕔 De 17:00 a 19:00 h.

🍇 Ven descubrir a historia, as curiosidades e os segredos do mundo do viño nun espazo único, no interior da Fortaleza de Salvaterra de Miño.

💜 Anímate a visitarnos! Agardámoste!

✝️𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐎𝐒 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐎𝐒𝐀𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐃𝐀𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐀𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐑𝐎𝐐𝐔𝐈𝐀𝐒Nestes días de Defuntos, os nosos cemiterios convértense e...
31/10/2026

✝️𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐎𝐒 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐎𝐒𝐀𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐃𝐀𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐀𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐑𝐎𝐐𝐔𝐈𝐀𝐒
Nestes días de Defuntos, os nosos cemiterios convértense en lugares de lembranza, respecto e memoria, pero tamén en espazos nos que descubrir parte do noso patrimonio cultural.
🕯️Panteóns, esculturas, lápidas e gravados en granito son unha mostra do talento dos nosos canteiros, que deixaron a súa pegada na pedra a través de fermosos traballos cheos de historia e simbolismo. ✨
Máis alá do seu significado familiar e relixioso, os camposantos agochan auténticas obras de arte ó aire libre que merecen ser observadas e valoradas.
📸 Hoxe achegámosvos algunhas imaxes dos cemiterios de 𝑨𝒓𝒂𝒏𝒕𝒆𝒊, 𝑼𝒎𝒂, 𝑺𝒐𝒖𝒕𝒐𝒍𝒐𝒃𝒓𝒆, 𝑴𝒆𝒅𝒆𝒓, 𝑭𝒊𝒐𝒍𝒍𝒆𝒅𝒐, 𝑽𝒊𝒍𝒂𝒄𝒐𝒃𝒂, 𝑪𝒐𝒓𝒛á𝒏𝒔 𝒆 𝑳𝒆𝒊𝒓𝒂𝒅𝒐. Mostras do arte funerario no noso concello.
Porque tamén na pedra, nas súas formas e nos seus detalles, se conserva a memoria de Salvaterra.
💚 Descubre, valora e coida o noso patrimonio!

🌿𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐀 𝐂𝐀𝐏𝐄𝐋𝐀 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍 𝐌𝐀𝐔𝐑𝐎 𝐄 𝐎𝐒 𝐌𝐈𝐒𝐓𝐄𝐑𝐈𝐎𝐒 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐒𝐓𝐑𝐎 𝐃𝐄 𝐋𝐈𝐑𝐀⛪ Na parte máis alta da parroquia de San...
28/10/2026

🌿𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐀 𝐂𝐀𝐏𝐄𝐋𝐀 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍 𝐌𝐀𝐔𝐑𝐎 𝐄 𝐎𝐒 𝐌𝐈𝐒𝐓𝐄𝐑𝐈𝐎𝐒 𝐃𝐎 𝐂𝐀𝐒𝐓𝐑𝐎 𝐃𝐄 𝐋𝐈𝐑𝐀
⛪ Na parte máis alta da parroquia de San Simón de Lira, en Salvaterra de Miño, atopamos a capela de San Mauro, un pequeno templo de pedra do século XVIII que agocha unha historia fascinante, na que se mesturan arqueoloxía, tradicións populares e antigas crenzas.
🏺 A ermida érguese sobre o antigo castro de San Mauro, un asentamento que conserva vestixios da época castrexa e romana. As súas condicións naturais favoreceron a construción de defensas, parapetos e foxos, testemuñas dun pasado que aínda hoxe esperta a curiosidade.
💧 ᴀs ᴘɪ́ᴀs ᴅᴀ ᴀᴜɢᴀ ʙᴇɴᴅɪᴛᴀ son un dos elementos máis singulares deste lugar. Nunha gran laxe situada xunto á capela consérvanse varias cavidades escavadas na pedra. Segundo a tradición, o día de San Mauro, o 15 de xaneiro, botábase auga nestas pías para que o sacerdote a bendicise e, despois, empregábase para bendicir as persoas, os campos e o gando, nun ritual relacionado coa protección e a fertilidade da terra.
✨ Pero as lendas van aínda máis alá… A tradición popular conta que, antes de existir a ermida, eran os mouros quen celebraban alí as súas misas. Un relato que conecta este lugar co imaxinario mítico galego e con crenzas ancestrais.
🕯️Nas proximidades tamén se fala dunha pedra que podería ter funcionado como 𝖆𝖑𝖙𝖆𝖗, con chanzos e cavidades escavadas na rocha. A súa posible función ritual é unha hipótese que engade aínda máis misterio a este enclave.
🌄 E a paisaxe tamén merece unha parada: desde este alto pódese contemplar unha ampla panorámica da contorna do Condado, co monte de San Nomedio destacando no horizonte.
💚 Un enclave no que cada pedra garda unha historia e no que o patrimonio arqueolóxico e as tradicións populares se mesturan.

📍 Capela de San Mauro | Lira, Salvaterra de Miño.

🐟 𝔻𝔼𝕊ℂ𝕌𝔹ℝ𝕀ℕ𝔻𝕆 𝕊𝔸𝕃𝕍𝔸𝕋𝔼ℝℝ𝔸 | 𝔸𝕊 ℙ𝔼𝕊ℚ𝕌𝔼𝕀ℝ𝔸𝕊 𝔻𝕆 ℝ𝕀́𝕆 𝕄𝕀ℕ̃𝕆🌊 Sabías que no río Miño se agocha un patrimonio único, testemuña ...
21/10/2026

🐟 𝔻𝔼𝕊ℂ𝕌𝔹ℝ𝕀ℕ𝔻𝕆 𝕊𝔸𝕃𝕍𝔸𝕋𝔼ℝℝ𝔸 | 𝔸𝕊 ℙ𝔼𝕊ℚ𝕌𝔼𝕀ℝ𝔸𝕊 𝔻𝕆 ℝ𝕀́𝕆 𝕄𝕀ℕ̃𝕆

🌊 Sabías que no río Miño se agocha un patrimonio único, testemuña dunha tradición pesqueira con séculos de historia?
🧱 As pesqueiras son impresionantes construcións de pedra asentadas no leito do río, auténticos colosos que se empregaban para capturar peixes como a lamprea, considerada a raíña das augas do Miño.
🐟 Desde a antigüidade, o río foi unha fonte esencial de recursos para as comunidades da súa ribeira. A pesca da lamprea, das troitas e dos salmóns constituía un importante complemento para a economía familiar. Na Idade Media xa existen documentos que acreditan a titularidade destas construcións e o pagamento de rendas en lampreas a mosteiros e casas feudais da contorna.
🛶 A pesca realizábase mediante artes tradicionais como as nasas e os vituróns, grandes redes cónicas que se colocaban entre os muros de pedra para atrapar os peixes.

✨ En Salvaterra de Miño podemos descubrir tres destas construcións totalmente rehabilitadas: a pesqueira de 𝐌𝐚𝐱𝐢𝐦𝐢𝐧𝐚, a de 𝐀 𝐁𝐮𝐜𝐡𝐞𝐢𝐫𝐚 e a de 𝐌𝐨𝐧. Cada unha supera os 20 metros de lonxitude e os seus muros, chamados poios, elévanse entre 3 e 5 metros sobre o leito fluvial.

👨‍👩‍👧‍👦 Moitas pesqueiras teñen nome propio e a súa explotación transmítese de xeración en xeración, mantendo viva unha tradición que forma parte da identidade e da memoria das familias da ribeira.
💚 Historia, enxeñaría tradicional e cultura fluvial nun patrimonio que nos conecta co río e coas persoas que viviron del.

📍 Paseo fluvial de Salvaterra de Miño.

🏰 DESCUBRINDO SALVATERRA | MONTE DO CASTELO EN PESQUEIRAS⛰️ Sabías que, baixo unha xigantesca mole de granito de máis de...
16/10/2026

🏰 DESCUBRINDO SALVATERRA | MONTE DO CASTELO EN PESQUEIRAS
⛰️ Sabías que, baixo unha xigantesca mole de granito de máis de 20 metros de lonxitude, se agocha unha ermida rodeada de misterios, antigas crenzas e vestixios dun pasado milenario?
📜 No século XIX, o historiador Ávila y la Cueva xa mencionaba a existencia dun antigo castelo destinado á defensa do territorio neste outeiro de Pesqueiras. Hoxe, baixo a impresionante formación rochosa, atópase a ermida da Nosa Señora da Asunción, nun enclave privilexiado desde o que se domina o val do Tea.
🏺 Os achados arqueolóxicos apuntan á existencia dun asentamento da Idade do Ferro, con restos de cerámica castrexa e romana. A súa situación estratéxica puido favorecer tamén o control dos antigos camiños que comunicaban Salvaterra coa contorna.
🌞 Pero o Monte do Castelo garda algo máis ca historia. A propia disposición da ermida, orientada cara ó lugar por onde se pon o sol no solsticio de verán, levou a investigadores a propoñer unha posible relación deste espazo con antigas prácticas sagradas anteriores ó cristianismo.
✨ As lendas que rodean este lugar son tan fascinantes como a propia paisaxe:
✝️ Dise que hai unha cruz gravada no teito da rocha que sempre volve aparecer, mesmo cando se intenta borrar.
🐍 Fálase de misteriosos petróglifos ocultos detrás do altar con forma de serpe e onde non crece o musgo.
💰 A tradición popular sitúa baixo a ermida cámaras dos mouros, túneles que chegarían ata Portugal e mesmo unha viga de ouro custodiada por unha ave terrible.
🕯️ Antigamente, a aparición dunha luz na ermida interpretábase como o sinal de que alguén estaba a piques de morrer e acudía despedirse da Virxe.
🙏 A devoción á Nosa Señora da Asunción tamén conserva tradicións singulares. Na súa festividade, o 15 de agosto, os devotos daban varias voltas arredor da enorme pena, nun ritual tradicional vinculado á protección e ás crenzas populares. Tamén se conta que algunhas persoas fregaban a pedra con panos porque crían que suaba.
💚 Un lugar extraordinario no que a arqueoloxía, a espiritualidade e a tradición oral se entrelazan, convertendo o Monte do Castelo nun dos lugares máis sorprendentes do patrimonio de Salvaterra de Miño.
📍 Monte do Castelo | Santa Mariña de Pesqueiras, Salvaterra de Miño.
ro

⛪ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐈𝐆𝐑𝐄𝐗𝐀 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍 𝐗𝐎𝐀́𝐍 𝐃𝐄 𝐅𝐎𝐑𝐍𝐄𝐋𝐎𝐒En Fornelos da Ribeira atopamos un dos templos máis singulares...
14/10/2026

⛪ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐈𝐆𝐑𝐄𝐗𝐀 𝐃𝐄 𝐒𝐀𝐍 𝐗𝐎𝐀́𝐍 𝐃𝐄 𝐅𝐎𝐑𝐍𝐄𝐋𝐎𝐒
En Fornelos da Ribeira atopamos un dos templos máis singulares de Salvaterra de Miño: a Igrexa de San Xoán de Fornelos, un impresionante exemplo de arquitectura barroca que foi consagrada no ano 1715.
As súas grandes dimensións, pouco habituais nunha igrexa rural, son un reflexo da importancia que chegou a ter Fornelos, que foi concello independente antes de integrarse en Salvaterra de Miño no século XIX.
No seu interior sorprende a súa planta de cruz latina, a gran cúpula situada no centro do cruceiro e, especialmente, a riqueza dos seus retablos barrocos. Entre eles destaca o retablo maior, dedicado a San Xoán, patrón da parroquia, acompañado por outros dedicados a Santiago e San Miguel, presididos todos eles polo escudo dos Tábora.
E se o templo xa sorprende pola súa monumentalidade, o lugar no que se ergue tamén garda historia: está situado sobre unha pequena elevación onde se asentaba o antigo 𝑪𝒂𝒔𝒕𝒓𝒐 𝒅𝒆 𝑭𝒐𝒓𝒏𝒆𝒍𝒐𝒔 e onde, segundo a tradición popular, tería existido a 𝓒𝓪𝓼𝓪 𝓕𝓸𝓻𝓽𝓪𝓵𝓮𝔃𝓪 𝓭𝓸𝓼 𝓢𝓸𝓾𝓽𝓸𝓶𝓪𝓲𝓸𝓻.
Un curruncho de historia, arte e patrimonio que nos invita a descubrir a riqueza cultural das parroquias de Salvaterra. 💚

​​​​​​​​​​​​📍 𝘍𝘰𝘳𝘯𝘦𝘭𝘰𝘴 𝘥𝘢 𝘙𝘪𝘣𝘦𝘪𝘳𝘢 | 𝘚𝘢𝘭𝘷𝘢𝘵𝘦𝘳𝘳𝘢 𝘥𝘦 𝘔𝘪𝘯̃𝘰​​​​​​​​​

♨️ DESCUBRINDO SALVATERRA | TERMAS DE TEÁNSSabías que as Termas de Teáns están directamente relacionadas coa xeoloxía do...
09/10/2026

♨️ DESCUBRINDO SALVATERRA | TERMAS DE TEÁNS

Sabías que as Termas de Teáns están directamente relacionadas coa xeoloxía do val do Miño? 🌿💧
O recinto termal naceu coa recuperación do antigo manancial de Teáns, situado na parroquia de Oleiros, á beira do río Miño.

🧭 Pero como se forman estas augas?
Baixo o noso val existen numerosas fracturas e fallas no granito que permiten que a auga circule polo interior da terra.
🌧️ A auga da chuvia infiltrase no subsolo e vai descendendo a través destas fracturas.
🌡️ A medida que baixa, a temperatura aumenta. Por cada 100 metros de profundidade, a temperatura sobe aproximadamente 3 °C. Así, a auga pode chegar a profundidades superiores a 1,5 quilómetros, onde alcanza temperaturas elevadas.
⬆️ Despois, a través das mesmas fracturas, a auga ascende de novo cara á superficie, chegando ó manancial de Teáns e conservando parte da calor adquirida no interior da terra.
💦 As Termas de Teáns contan con tres termas de auga quente e unha de auga fría, con augas mineromedicinais de diferentes composicións e propiedades.

✨ Pero as Termas de Teáns son moito máis que augas termais. O lugar no que se atopan fai desta experiencia algo especial. Á beira do río Miño, nunha contorna natural privilexiada e fronte á localidade portuguesa de Monção, as termas ofrecen unhas vistas espectaculares do seu recinto amurallado.
🌿 Un auténtico remanso de paz, perfecto para relaxarse, g***r das augas e desconectar mentres contemplamos o río Miño e a natureza que nos rodea.
💧 Unha viaxe que comeza cá chuvia, continúa polo interior do granito e remata nas marxes do Miño, nun dos recunchos máis especiais de Salvaterra de Miño.

📍 Termas de Teáns | Oleiros, Salvaterra de Miño
ℹ️ Horarios, prezos e condicións de aceso:
🌐 turismo.concellodesalvaterra.org/termas
📞 886 66 15 01

⛪ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐂𝐀𝐏𝐄𝐋𝐀 𝐃𝐀 𝐎𝐋𝐈𝐕𝐄𝐈𝐑𝐀No interior do recinto fortificado de Salvaterra de Miño, e de costas ó río...
07/10/2026

⛪ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐂𝐀𝐏𝐄𝐋𝐀 𝐃𝐀 𝐎𝐋𝐈𝐕𝐄𝐈𝐑𝐀
No interior do recinto fortificado de Salvaterra de Miño, e de costas ó río Miño, atopamos un pequeno tesouro que forma parte da historia da fortaleza: a Capela da Oliveira.
Integrada na propia muralla, a capela destaca pola beleza da súa construción en pedra e pola ornamentación barroca, coa imaxe da Virxe, a cruz e os pináculos que coroan a súa fachada.
Pero este pequeno templo garda tamén parte da historia máis convulsa da fortaleza.
Durante a Guerra de Restauración portuguesa, Salvaterra estivo en mans dos portugueses durante dezaseis anos. Foi nesta época cando se reforzou a fortaleza e se levantaron as murallas que hoxe podemos contemplar.
Foi tamén entón cando se construíu esta pequena capela, dedicada á Virxe da Oliva.
Nas fortalezas portuguesas era habitual situar unha capela dedicada a un santo ou á Virxe na porta principal de acceso. Así, a entrada na fortaleza convertíase tamén nun espazo marcado pola presenza da relixión.
👀 Un dos elementos máis curiosos atopámolo na parte superior da entrada da fortaleza: 𝘁𝗿𝗲𝘀 𝗲𝘀𝗰𝘂𝗱𝗼𝘀 de orixe portuguesa.
Aínda que as armas dos escudos foron borradas, consérvanse as coroas e os colares, así como a característica Cruz da Orde de Cristo, unha das insignias máis vinculadas á historia de Portugal.
E é que as pedras de Salvaterra tamén falan de guerras, ocupacións, alianzas e historias que cruzaron o río Miño.
🌿 Hoxe, a fortaleza é un dos grandes símbolos do patrimonio de Salvaterra. Un lugar onde cada recuncho nos permite descubrir un novo capítulo da súa historia.
📍 𝘊𝘢𝘱𝘦𝘭𝘢 𝘥𝘢 𝘖𝘭𝘪𝘷𝘢 | 𝘙𝘦𝘤𝘪𝘯𝘵𝘰 𝘍𝘰𝘳𝘵𝘪𝘧𝘪𝘤𝘢𝘥𝘰 𝘥𝘦 𝘚𝘢𝘭𝘷𝘢𝘵𝘦𝘳𝘳𝘢 𝘥𝘦 𝘔𝘪𝘯̃𝘰

👀 Coñecías a historia da Capela da Oliva e os escudos portugueses da fortaleza?

🥾 O MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO, PUNTO DE SAÍDA DO Camiño de Ignacio Taverneiro.Numerosos son os peregrinos que nestes prim...
03/10/2026

🥾 O MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO, PUNTO DE SAÍDA DO Camiño de Ignacio Taverneiro.
Numerosos son os peregrinos que nestes primeiros días de outubro comezan en Salvaterra de Miño o Camiño Ignacio Taverneiro cara Santiago de Compostela.
🍷 O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea é o punto de partida desta peregrinación.
Esta mañá recibimos a algún dos peregrinos que nestes días inician aquí o seu camiño cara a Santiago, selando no museo a súa Compostela, antes de poñerse en marcha para afrontar a primeira etapa.
Desde aquí comeza unha experiencia de 130 quilómetros polas zonas máis rurais do interior das provincias de Pontevedra e A Coruña, a través dunha ruta pouco transitada que invita a camiñar con calma, g***r da natureza e descubrir a Galicia máis auténtica.
É un camiño para andar sen présa, g***r da paisaxe e descubrir o territorio paso a paso. Unha experiencia de peregrinación na que a natureza e o patrimonio se converten en compañeiros de viaxe.

🌿 16 quilómetros separan Salvaterra de Ponteareas, nunha primeira xornada marcada polos ríos Miño e Tea e os seus fermosos bosques de ribeira.

Un punto de saída. Un camiño por descubrir. 130 quilómetros para achegarse á esencia do rural galego.
💚 Bo Camiño!

📸 Nas imaxes, os peregrinos que esta mañá comezaron no Museo da Ciencia do Viño a súa viaxe cara a Santiago.

🌉 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐄𝐕𝐀𝐋 𝐃𝐀 𝐅𝐈𝐋𝐋𝐀𝐁𝐎𝐀Sobre o río Tea, a Ponte da Fillaboa leva séculos formando parte da...
02/10/2026

🌉 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐍𝐃𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐕𝐀𝐓𝐄𝐑𝐑𝐀 | 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐄𝐕𝐀𝐋 𝐃𝐀 𝐅𝐈𝐋𝐋𝐀𝐁𝐎𝐀
Sobre o río Tea, a Ponte da Fillaboa leva séculos formando parte da paisaxe de Salvaterra 🌿
Aínda que de orixe romana, na Ponte da Fillaboa os restos máis antigos que se conservan son de época medieval. Formaba parte do antigo camiño que comunicaba Tui e Arbo e, ó longo dos séculos, foi testemuña do paso de persoas e lugar de lendas.
Os catro arcos, os seus característicos tallamares e a súa estrutura de pedra son o resultado das diferentes reformas que experimentou ó longo da súa historia. Entre elas destaca a realizada en 1615, mentres que a última reforma documentada corresponde a 1915, data que aínda podemos ver gravada nun dos seus perpiaños.
Pero a Ponte da Fillaboa non conserva só historia... tamén conserva unha 𝗹𝗲𝗻𝗱𝗮. ✨
Segundo a tradición popular, o nome de Fillaboa estaría relacionado coa historia dunha muller que decidiu abandonar o seu pai no monte cando este xa non podía traballar. Arrepentida, regresou para buscalo e levouno de volta á casa.
Ó vela regresar, o pai exclamou:
💬 «Mira que filla boa teño!»
E, segundo conta a lenda, destas palabras naceu o nome de Fillaboa. ❤️
Unha lenda asociada á antiga práctica do senicidio, unha tradición que aparece recollida en lugares moi afastados entre si, como Galicia, Alemaña ou Xapón.
🌿 Patrimonio, natureza e lendas que forman parte da historia de Salvaterra.
📍 Ponte da Fillaboa | Salvaterra de Miño
👀 Coñecías a ponte e a lenda que explica, segundo a tradición, a orixe do seu nome?

Dirección

Praza Do Castelo, Nº4
Salvatierra De Miño
36450

Horario de apertura

Miércoles 11:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Sábado 11:00 - 14:00
17:00 - 19:00

Teléfono

+34617148866

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo da Ciencia do Viño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría

Empresas cercanos